Lanzamento segunda edición do espazo de coworking de Barro-Meis - Actualidade
Actualidade
Lanzamento segunda edición do espazo de coworking de Barro-Meis
Data: xoves, 10 de maio de 2018
Seguramente moitos de vós tivestes a idea de crear un proxecto empresarial, pero son poucas as persoas que se atreven a levalo a cabo. Desde a Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial (EOI) son conscientes das dificultades que afrontan as persoas emprendedoras, é por iso que este mes de maio lanzarase a 2ª Edición do Coworking que se realiza no viveiro de Barro.
Esta segunda edición acollerá 20 proxectos promovidos por persoas que están en período de reflexión sobre o seu proxecto, que xa teñen empresa creada (constituída no últimos seis meses) ou de empresarias e empresarios que queren abrir unha nova liña de negocio diferente da que xa teñen.
Durante cinco meses, as persoas beneficiarias terán mentorización personalizada (40 h por proxecto) nas que se traballarán conceptos esenciais para o desenvolvemento da súa idea empresarial: deseño do modelo de negocio, análise do mercado, viabilidade económica, etc., dando resposta ás necesidades que vaian xurdindo durante estes meses de acompañamento.
Ademais destes asesoramentos individuais, a iniciativa conta con máis de 60 h de formación especializada. Algunhas das materias que se impartirán son:
- Habilidades de comunicación e negociación
- Competencias emprendedoras
- Creatividades e innovación aplicada ao mundo empresarial
- Metodoloxía Lean Star Up adaptada ao modelo de negocio
- Como poñer en marcha un plan e márketing dixital
- Viabilidade económica
- A toma de decisións
- Creación de alianzas
Doutra banda, celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar a colaboración entre as persoas beneficiarias e compartir experiencias, contando con relatos doutras persoas inspiradoras.
A edición pecharase cun Demo Day onde se presentarán publicamente os proxectos que participaron no coworking.
Todas estas accións están subvencionadas, polo que o proxecto emprendedor non terá que asumir custos.
Se desexa máis información sobre a segunda convocatoria do coworking, pode facelo a través da seguinte páxina web ou pode inscribirse na seguinte ligazón.
Fonte: SmartPeme
Rexistro
| « | Xaneiro 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
- Affinity by Canva V - Exportacion maestra19 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Mellora de procesos con IA I - Produtividade intelixente20 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Da idea, ata o proxecto de vida e negocio20 de xaneiro de 2026 17:00Máis información
- Como sacarlle partido ao Instagram do teu aloxamento21 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Prezos con cabeza, calcula custos e marxes en Notion21 de xaneiro de 2026 17:00Máis información
- Protección de datos para as pemes III - Como actuar ante unha brecha de datos22 de xaneiro de 2026 12:00Máis información