Lanzamento da terceira edición do coworking de Barro-Meis - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Lanzamento da terceira edición do coworking de Barro-Meis
Data: luns, 21 de xaneiro de 2019
Son moitas as persoas que teñen unha idea ou un proxecto en mente pero, por falta de apoio ou polas dificultades coas que teñen que lidar no seu día a día, deciden abandonalo. Neste sentido, buscando axudar a esas persoas, a Deputación de Pontevedra en conxunto coa Escola de Organización Industrial (EOI), lanzarán este próximo mes de febreiro a 3ª Edición do Coworking que se realiza no viveiro de Barro.
Do mesmo xeito que en convocatorias anteriores, preténdese contar cun total de 20 proxectos impulsados por emprendedoras e emprendedores que teñan un proxecto en fase temperá de desenvolvemento ou unha empresa recentemente creada.
Durante o período que dura o coworking, desde o mes de febreiro ata xuño, os participantes contarán cun total de 100 horas de formación repartidas entre talleres formativos, dinámicas de grupo, titorías individualizadas coas persoas mentoras do proxecto ou seguimentos. Do mesmo xeito que nas pasadas edicións, o programa pechará co "DemoDay", unha xornada onde os e as participantes farán unha presentación individual dos seus proxectos.
As emprendedoras e emprendedores que participen no proxecto, terán acceso a outros servizos de emprendemento promovidos desde a Deputación. Neste sentido, en Barro poderán facer uso de forma gratuíta do FabLab ou Laboratorio de Fabricación Dixital, así como participar da programación de talleres específicos que alí se desenvolven para poder coñecer desta avanzada tecnoloxía.
A través desta iniciativa, o que se pretende é fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos de negocio que participen nestes espazos, identificando as propostas de maior potencial de crecemento.
Cabe sinalar que todas estas accións están subvencionadas, polo que o proxecto emprendedor non terá que asumir custos.
Se desexas máis información sobre a terceira convocatoria do coworking, podes acceder a través da seguinte páxina web ou pode inscribirse na seguinte ligazón.
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Maio 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Programación con Arduino Módulo II - Parte I15 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro20 de maio de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo II - Parte II23 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software27 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento