Actualidade

A rede SmartPeme situase como referente no asesoramento TIC no ámbito empresarial de Pontevedra

Data:  venres, 20 de xaneiro de 2017

 

Pasados os primeiros días de xaneiro, época de propósitos de ano novo e balances anuais, dende a rede SmartPeme Pontevedra non queremos deixar pasar a oportunidade de botar a vista atrás para facer o noso balance do pasado ano. Un ano cheo de desafíos e novidades no que temos chegado a mais pemes e autónomos, ampliando os colectivos e aprendendo de pasadas experiencias.

A principal novidade de este ano ten sido cando, en xuño, se produce o lanzamento de SmartPeme, un proxecto que herda do CPAE 2.0 a labor de estender o uso das novas tecnoloxías no ámbito empresarial. Este renacemento ven motivado pola necesidade de marcar un punto de inflexión nun proxecto que non había acadado todo o seu potencial.

A rede SmartPeme Pontevedra xurde cun obxectivo en mente, ser un servizo de utilidade para empresas, autónomos e autónomas e persoas emprendedoras, conseguindo que os usuarios da rede melloren a competitividade dos seus negocios a través das TIC e abrindo o servizo a novos colectivos.

Un destes novos colectivos é o dos emprendedores. Ata a chegada de SmartPeme non tiñan cabida baixo o paraugas de CPAE 2.0, pese a que demandaban asesoramento TIC como parte fundamental do lanzamento do seu proxecto emprendedor. En SmartPeme cerca do 15% dos usuarios activos son emprendedores, sendo este un reflexo da importancia que teñen na provincia de Pontevedra.

SmartPeme tamén ten aberto as súas portas a concellos e asociacións empresariais. No caso dos primeiros, SmartPeme configurase para ofrecer os seus servizos como propios de cada un dos 62 concellos da provincia, mostra de elo é o esforzo divulgativo conxunto dos entes locais e da Deputación de Pontevedra, que están presentando o proxecto en todos os municipios, congregando estas a máis de 400 asistentes dende outubro.

Con respecto as asociacións, o 4 de novembro do ano pasado, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Francisco Javier Dios, Deputado de Promoción e Innovación Económica, presentaron a carteira de servizos ante os representantes de medio centenar de Asociacións Empresariais, Colexios Profesionais e Cámaras de Comercio da provincia de Pontevedra. Esta carteira de servizos, adaptados aos axentes mencionados, busca mellorar o posicionamento e difusión de estas asociacións mediante o uso das TIC, entendendo que estas colaboracións son fundamentais para o desenvolvemento económico do tecido empresarial da provincia.

En canto as estatísticas, a rede SmartPeme creceu durante o ultimo ano de maneira moi notable, especialmente no o ultimo semestre de 2016, coincidindo co lanzamento do novo formato. Se comparamos os datos co mesmo período de 2015, observamos un crecemento do 85% no numero de empresas asesoradas, o que supón que máis de 550 empresas recibiron asesoramento TIC na segunda metade do ano.

Se revisamos o ano 2016 na súa totalidade, máis de 1000 empresas pasaron polas oficinas de SmartPeme, e maila que o CPAE 2.0 contaba con un grado de aceptación elevado, dende o lanzamento de SmartPeme, o número de empresas que teñen sido asesoradas tense incrementado nun 25%.

No relativo as consultas atendidas, o crecemento é do 100%, con case 800 consultas no ultimo semestre, fronte ás pouco máis de 400 atendidas a finais de 2015. No que respecta ao cerre do ano, SmartPeme resolveu case 1.400 consultas, ou o que é o mesmo, unha media de 1,4 consultas por cada empresa asesorada.

Por ultimo, os obradoiros de capacitación rexistraron máis de 2.100 asistentes nos 302 obradoiros levados a cabo ao longo do 2016. En comparativa co 2015, falamos dun crecemento do 24% no número de asistentes. Os obradoiros TIC organizáronse en función dos sectores de referencia de cada oficina, niveis de dificultade, itinerarios formativos e sobre todo atendendo a demanda dos usuarios. Deste modo, tense logrado segmentar a oferta, adaptando a cantidade e frecuencia dos obradoiros ase como os seus contidos, o que explica o incremento de asistentes.

De cara o ano que comeza, a rede SmartPeme enfronta novos desafíos, un dos máis importantes será dar cabida aos representantes do sector das novas tecnoloxías dentro do proxecto, comezando diversas vías de colaboración, ademais de ser capaces de continuar crecendo xunto a todos os usuarios e colaboradores da rede.

Se desexas ter máis información sobre SmartPeme ou se queres solicitar un asesoramento, invitámoste a que visites a nosa web (www.smartpeme.depo.es), nos chames por telefono ao 886 20 20 20 ou ben escribas a dirección info.smartpeme@depo.es

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento