Actualidade

A realidade virtual como unha contorna produtiva no mundo empresarial

Data:  xoves, 02 de xuño de 2022

 
Os últimos tempos relacionados co COVID-19, provocaron que moitas empresas tivesen que dar un salto cualitativo á hora de xestionar os seus procesos de traballo, dando paso dunha maneira máis eficiente ao teletraballo. Moitas empresas xa non ven a necesidade da presenza física das súas persoas empregadas nunha oficina. Desta forma, a transformación sufrida fai que as persoas poidan conciliar diferentes aspectos da súa vida persoal coa laboral, mellorando a súa produtividade, xa sexa en canto ao aforro de tempo, axilidade nas reunións profesionais...
 
Os datos dinnos que o 7,4 % da poboación ocupada en España utiliza este sistema, polo que, 1,43 millóns de persoas profesionais están a desenvolver a súa actividade desde casa.
 
Inicialmente isto ía asociado ao uso dun computador e unha conexión a internet, pero actualmente transformouse totalmente coa aparición da realidade virtual (VR) e da realidade aumentada (RA)
 
Grazas á realidade virtual podemos crear espazos de traballo personalizados, interactivos e colaborativos. Son moitas as empresas que irrompen con novas solucións no mundo do metaverso, ese universo de realidade virtual, onde poder desenvolver a nosa actividade, programar reunións, recibir formación ou recrutar novos activos para as nosas organizacións. O metaverso é, por tanto, ese conxunto de espazos dixitais, totalmente inmersivos con experiencias 3D, que permiten a interacción de persoas e recursos separados na distancia.
 
Esta nova contorna virtual non só inclúe o uso das lentes de VR para crear experiencias inmersivas, se non, tamén o uso de avatares para interactuar, a compravenda de NFTs, as  transferencias bancarias, a posibilidade do uso de ferramentas colaborativas, a creación dun mundo paralelo onde poder comprar produtos das nosas marcas favoritas, poder asistir a unha sesión de cinema, ou a un encontro de persoas, entre outras cousas. 
 
Neste proceso transformador que estamos a vivir, co cambio tecnolóxico nas empresas e a dixitalización dos procesos, móstrase unha realidade que impactará na nosa forma de entender as cousas. Tendo en conta que o 52% da base laboral estaría disposta a usar espazos inmersivos para desenvolver a súa actividade laboral e que, nos próximos dous anos, o 51% das persoas centennials e o 48% das millennials espera ter a oportunidade de traballar a través do metaverso, o horizonte que se proxecta é moi prometedor.
 
Os espazos virtuais axudarán a construír contornas laborais máis conectadas e integradoras, xerando unha sensación de pertenza, onde podamos expoñer os nosos proxectos e ideas, asistir a reunións, presentar de maneira espacial modelos e prototipos 3D, realizar videoconferencias estando unhas persoas representadas a modo de avatar na sala de reunións e outras de maneira real a través do monitor da aplicación seleccionada, etc. 
 
Tamén, no ámbito da customización preséntanse as salas personalizables en Workrooms, o que nos brindará a posibilidade de elixir entre unha ampla variedade de contornas diferentes para optimizar o noso traballo, e de colocar os logotipos da nosa empresa ou pósteres dos equipos nas nosas salas. Isto facilitará ás persoas adaptarse aos seus espazos de traballo virtuais en consonancia cos estilos, as culturas e as normas de marca individuais da empresa.  O metaverso estará construído de espazos que poderemos personalizar para sentilos como propios.
 
Exemplo diso son empresas como Facebook ou Apple, que están a desenvolver diferentes contornas de traballo ben sexa en VR, RA ou en contornas mixtas.
 
Por unha banda, Facebook conta con Infinite Office Oculus Quest 2, que son unha serie de características que se están agregando progresivamente á plataforma Quest, como parte do impulso de Facebook para convertela nunha alternativa viable para o traballo remoto e contornas de oficina. Todo iso grazas ao uso da contorna doméstica de Passthrough+, a cal brinda unha vista en tempo real da nosa contorna mentres traballamos. Doutra banda, podemos definir o noso escritorio en VR e conectar vía bluetooth calquera teclado para usalos en realidade virtual mentres traballamos. Horizon Workrooms é a experiencia colaborativa que ofrece Facebook, que cada vez integra novas funcionalidades como serán, neste ano 2022, as funcións de Zoom e a súa lousa. Actualmente Oculus conta co programa Oculus for Business, que progresivamente se retirará para dar paso a Quest  for Business, o cal se contempla que para 2023 sexa totalmente operativo para as empresas. 
 
Abrir as portas ao metaverso do futuro, é facernos máis produtivos e eficientes debido á súa capacidade de integración nunha plataforma multipropósito onde poder realizar calquera tipo de tarefa con todas as funcións integradas nos nosos visores.
 
 
Jose Luis Taboada
Asesor TIC
 

Fonte:  SmartPeme



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31