A nova app que está de moda: TikTok - Actualidade
   Actualidade
  Actualidade 
  A nova app que está de moda: TikTok
Data: venres, 22 de novembro de 2019
 
 Se aínda non coñeces esta app chinesa, pode que os teus fillos e fillas si. Esta app móbil está a bater todos os récords, foi a máis descargada durante o pasado 2018 e xa acadou a colosal cifra de 1.000 millóns de usuarios e usuarias, superando a Instagram e Facebook.
  Pero, que é o que se pode facer con ela? 
  TikTok é unha app que serve para crear microvídeos, entre tres e quince segundos ou vídeos de ata un minuto se están gravados previamente, onde cada un/unha pode gravarse, bailar, cantar ou facer playback. Unha rede social diferente e fresca, onde se atopan os e as influencers, youtubers ou instagramers. 
  As publicacións, a diferenza doutras apps que contan con privacidade, son vistas por usuarias e usuarios seguidores e non seguidores. Cabe destacar que todas as contas son públicas, pero tamén existe a posibilidade de restrinxir a privacidade a unha lista de contactos que o usuario pode personalizar ao seu gusto.
  Conta con máis de 500 millóns de usuarias e usuarios activos, converténdose TikTok nunha das aplicacións de móbiles máis populares, sobre todo entre os e as adolescentes. A idade do seu público parte dos 13 anos.
  É útil para o meu negocio?
  TikTok é unha maneira sinxela e rápida de chegar ata a Xeración Z, é dicir aquelas persoas que naceron entre 1995 e 2010. As marcas atoparon que poden facelo a través de publicidade, con formatos diferentes, creativos e entretidos para o usuario.
  A publicidade de pago é un dos reclamos estrela para as grandes marcas, que ven como esta Xeración Z será capaz de cambiar o termo de márketing dixital.
  Entre as opcións que destacamos de publicidade de pago atopamos as seguintes: 
 - Biddable Ads: formato que funciona a través dunha puxa. Basicamente, son vídeos que se mostran no feed de inicio.
- Brand Takeover: formato en forma de anuncio publicitario que se mostra aos usuario e usuarias cando este accede á aplicación. En forma de Imaxe gráfica, mostra unha mensaxe e permite ligar a unha url externa.
- Branded Lenses: formato en forma de anuncio que ofrece filtros de cámara personalizados. A realidade aumentada toma forma a través deste formato; convértese no preferido das marcas para interactuar cos e coas adolescentes.
- Hashtag Challenge: a través dun hashtag, crease un formato publicitario, asociados maioritariamente a un reto, tendencia ou campaña e facendo que se converta en viral.
 Ata a chegada da publicidade de pago nesta app, todas as marcas tentaban destacar a través de acción creativas e totalmente interactivas, coma por exemplo utilizar os seus produtos en vídeos onde promovían hashtags e viralidade. Sen dúbida, seguirá dando de que falar este 2020.
  Fátima Faílde 
  Asesora TIC SmartPeme
 Fonte: SmartPeme
   Rexistro
  Rexistro 
  | « | Outubro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do | 
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
-   Como empregar a IA para facer SEO03 de novembro de 2025 12:00Máis información
-   Ciberseguridade sen complicacións: protexe o teu día a día04 de novembro de 2025 11:00Máis información
-   Copywriting I - Redes Sociais05 de novembro de 2025 12:00Máis información
-   Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark Email06 de novembro de 2025 12:00Máis información
-   Organiza, planifica e programa os teus proxectos I - Coñece Metricool10 de novembro de 2025 12:00Máis información
-   Deseño 3D para PYMEs: transforma o teu negocio dende dentro11 de novembro de 2025 11:00Máis información
Lenda:
 Evento Aberto 
  Evento Pechado/Cancelado 
  Inscrito a este evento 
  
  
  
 