Actualidade

A importancia da ciberseguridade para as pemes

Data:  mércores, 16 de outubro de 2019

 
Antes de nada, debemos recoñecer que as pemes conforman case todo o tecido empresarial en España, polo que non é de estrañar que a maioría de ataques cibernéticos vaian dirixidos ás empresas máis pequenas.
 
Debemos entender que a inclusión das TIC nas empresas é un dos trazos fundamentais da Industria 4.0. As empresas están abocadas á transformación dixital como parte dunha sociedade que vive constantemente unida a internet. As nosas empresas forman parte da democratización tecnolóxica e da globalización.
 
É importante, por tanto, tomar conciencia da necesidade de coidar a seguridade do noso negocio en liña e de todo aquilo que forme parte da nosa presenza en liña como marca.
 
Actualmente, atopámonos que, naquelas empresas máis pequenas, a percepción do perigo cibernético é escasa ou nula, polo que expoñemos a nosa contorna a ataques cibernéticos que poden danar seriamente a integridade dos nosos datos e clientes.
 
Antes, bastábanos con comprar e instalar un antivirus como ferramenta de disuasión ou protección da nosa contorna. Pero o tempo veu a demostrar que esta medida é insuficiente, debemos acompañala doutras adicionais.
 
Debemos contar cun plan de implementación da seguridade como parte da nosa estratexia empresarial, o cal nos permitirá que as nosas persoas usuarias saiban que están nunha contorna segura e que valoramos tanto a súa seguridade como a integridade dos nosos datos.
 
  • En primeiro lugar, debemos atender ao nivel de calidade que nos proporciona o noso aloxamento, onde almacenamos os nosos datos e os dos nosos clientes.
  • Debemos contar cun servizo preconfigurado que manteña unha política activa de ciberseguridade e que proporcione unha monitoraxe as 24 horas do día. Debe ter servizos preventivos #ante ataques masivos con alertas temperás e que conten cunha política de backups que nos permitan recuperar os nosos datos.
  • Outro elemento fundamental é dispoñer de software legal verificado polo desenvolvedor e que incorpore actualizacións en relación a brechas de seguridade que poidan xurdir. O software ilegal é o cabalo de Troia, que expón á empresa á intrusión na súa contorna empresarial.
  • Ademais, é importante contar cunha política de copias de seguridade activa e con ferramentas na nube que descentralicen a información dunha única contorna, previndo así perdidas masivas de información, ben sexa por unha catástrofe natural, roubo, incendio ou ataque cibernético.
  • Debemos crear perfís dentro da empresa e políticas activas de seguridade, tendo en conta sempre quen é o responsable da información en relación ao uso que se vai aplicar.
  • Doutra banda, debemos ter en conta o RGPD, que nos indica as bases da devandita responsabilidade en canto á protección de datos.
Para todo iso, o ideal seria contar cunha auditoría en canto a ciberseguridade, que nos proporcione unha análise real en canto a vulnerabilidades e que nos permitan conformar unha estratexia útil adaptada ás nosas necesidades.
 
Ademais, en España existe A Oficina de Seguridade do Internauta (OSI), onde proporcionan a información e o soporte necesarios para evitar e resolver os problemas de seguridade que poden existir ao navegar por Internet.  
 
Na súa web atoparás información xeral sobre a seguridade na internet e ferramentas que che axudarán a navegar máis seguro. Ademais, a través da súa canle de avisos poderás estar actualizado das últimas alertas de seguridade.
 
Esperamos que estes consellos axúdenvos a implementar a ciberseguridade nas vosas pemes, aproveitando este mes de outubro, "Mes Europeo da Ciberseguridade". Especialmente nesta materia, debemos estar actualizadas e actualizados e non deixalo pasar!
 
Jose Luis Taboada
Asesor TIC SmartPeme
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento