Actualidade

A estratexia dos datos

Data:  martes, 27 de febreiro de 2018

A medida que comezamos a nosa incursión no mundo das novas tecnoloxías como parte do ADN da empresa, xorden novas necesidades, impulsadas en gran medida pola necesidade do coñecemento. 
 
A nosa presenza na internet como marca, cunha  landing  page (web, e- commerce), como coas ferramentas que nos proporcionan notoriedade sobre elas (redes sociais, blogue, canle de vídeo, ferramentas de e-mail márketing, etc.), necesitan da análise áxil e pormenorizada da información que é resultado de todo aquilo que facemos na internet.
 
As ferramentas de análises son imprescindibles, como o son os perfís de empresa nas diferentes contornas, onde se incorporan ferramentas de análises propias (Google  Analytics, Facebook  Insights, Twitter  analytics, etc.).
 
De todo este espectro de solucións xorde a necesidade de facilitar aos usuarios, sobre todo a aqueles que non contan co tempo suficiente para a incursión diaria nesas contornas, unha ferramenta que integre toda a información.
 
Google Data  Studio en versión  beta, é a ferramenta de Google gratuíta que permite crear  dashboards  personalizables nos que mostrar datos de diferentes fontes dunha maneira visual, sinxela e fácil de entender, equivalente á plataforma de visualización de datos Data  Studio 360, incluída dentro da Suite Google  Analytics 360.
Deste xeito simplifícase a tarefa de transformar os resultados das análises de datos xerados en algo sinxelo de entender para quen non está familiarizado con eles, un dos grandes retos cos que se atopan habitualmente os profesionais da analítica.
 
É unha maneira fácil de proporcionarlles unha visión xeral aos clientes de como se desempeñan os seus sitios ou campañas, fácil de ler e comprender, nunha contorna totalmente  personalizable. Conta con diferentes formas de presentar os datos e darlles un estilo corporativo.
 
Data  Studio permítelle crear paneis de control e informes dinámicos e atractivos, o que permite:
 
Conectar con facilidade con varias fontes de datos.
Consultar os nosos datos a través de paneis e informes atractivos, dinámicos e interactivos.
Compartir contido e colaborar con outros usuarios, do mesmo xeito que en Google  Drive.
O usuario destes paneis puiden decidir de que fonte (así como combinar datos de múltiples fontes) toma a información e definir o período de tempo que quere visualizar e comparalo con períodos anteriores.
 
Outra posibilidade que xorde é  Supermetrics, un complemento para Google  Drive ou  add- on para follas de cálculo co que podes conectar bases de datos, Google  Analytics,  Adwords e redes sociais, para así crear informes da túa actividade de márketing  online. Este á súa vez pode conectarse como folla de cálculo de Google dentro das fontes de Google Data  Studio, ofrecendo recompilación e análise de datos estatísticos provenientes da maioría das canles que inflúen no noso negocio.
 
Na súa versión gratuíta permite acceder a varias métricas da nosa actividade  online nun só documento, conectándose con Google  Analytics, Facebook,  YouTube, Twitter,  AdWords, Bing  Ads, Google  Webmaster  Tools, e nosa propia base de datos.
 
En resumo, Google Data  Studio é a nova ferramenta de visualización de datos e creación de cadros de mando de Google. O obxectivo da ferramenta é permitir unha análise dos datos de maneira visual de forma que sexa máis fácil e inmediato obter resultados que podemos compartir con diferentes perfís de usuario. Ademais, grazas a  Supermetrics podemos envorcar información específica para a súa posterior análise.
 
 
José Luis Taboada Fernández 
Asesor TIC SmartPeme
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento