Xornadas para o desenvolvemento local en Poio - Actualidade
Actualidade
Xornadas para o desenvolvemento local en Poio
Data: martes, 18 de outubro de 2016

Durante os vindeiros 21 e 22 de outubro, celebraranse en Poio as xornadas "A forza do local, a microeconomía sostible como realidade". Desenvolveranse no Salón Social da Comunidade de Montes Combarro, "Rega dos Agros", (Travesía Maceira, Combarro, Poio) dende a tarde do venres 21 as 16:45 horas e durante o sábado dende as 9:45 horas.
A iniciativa, organizada polo concello de Poio e na que colabora a Deputación de Pontevedra, pretende ser un punto no que se compartan ideas sobre as posíbeis accións para potenciar os recursos locais.
O evento, dirixido a técnicos de desenvolvemento e promoción económica, empresarios, emprendedores, políticos, estudantes, comunidades de montes, asociacións e publico en xeral, pretende dar lugar a ideas utilizables no contexto inmediato de poio para xerar riqueza baseada nos recursos da zona.
Entre os diferentes coloquios e relatorios sobre proxectos locais, axudas, e revisións, o venres 21 as 19:00 horas SmartPeme achegarase ao concello para expor brevemente aos asistentes a súa carteira de servizos.
Ademais, os asistentes a xornada poderán, de desexalo, aproveitar para achegarse pola exposición "A forza do local", que se celebra eses mesmos días en Poio, tamén no Salón Social da Comunidade de Montes Combarro, "Rega dos Agros".
Estará dispoñible dende o 17 ao 23 de outubro, de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas, e que amosa algunhas das boas practicas levadas a cabo en Galicia nas que colaboraron profesionais de desenvolvemento local, e que poñen en valor os recursos dunha forma intelixente harmónica e sostible.
Os interesados poden apuntarse ou obter mais información chamando ao 986770001 extensión 1260, ou mandando un mail a promocioneconomica@concellopoio.org
Fonte: SmartPeme
Rexistro
| « | Novembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Copywriting II - Web e tendas en liña17 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Deseño na nube: primeiros pasos con OnShape18 de novembro de 2025 11:00Máis información
- Revenue Managment: estratexias intelixentes para maximizar os teus ingresos19 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Organiza, planifica e programa os teus proxectos II - Coñece Notion20 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Marca a diferenza coas últimas estratexias en márketing dixital21 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Organiza, planifica e programa os teus proxectos III - unindo Metricool e Notion24 de novembro de 2025 12:00Máis información