Actualidade

Fotografías de produto e fotografías para redes sociais

Data:  martes, 31 de xaneiro de 2017

A imaxe, e máis concretamente, as fotografías, teñen unha importancia a miúdo determinante na forma na que as empresas se presentan ao público. Sen embargo, non se trata unicamente de coidar as fotografías que empreguemos. Tratase tamén de escoller o estilo adecuado para cada uso.

A fotografía para comercio electrónico é moi diferente á fotografía para as redes sociais. A primeira ten que ver con destacar unicamente o teu produto, para o cal o fondo soe ser branco ou de cor claro. Para obter un fondo branco puro terás que eliminalo con algún programa de edición, seleccionado o produto coa ferramenta pluma ou selección. En algúns Marketplace, como Amazon, isto e directamente unha imposición para todos os produtos.  Noutros sitios web, sen embargo, comeza a tenderse a empregar fondos máis naturais e prescindir de retoques fotográficos. O importante, en calquera caso, é que o fondo sexa dunha cor sólida, para non distraer a atención do verdadeiro protagonista destas fotografías: O produto.

A iluminación é outro dos puntos clave neste tipo de fotografía, é ten que ser coidada con esmero.  Recomendase empregar fontes de luz dunha temperatura de cor de 5500 ºk (graos kelvin), unha fonte de luz branca e fría, sen dominantes de cor. Isto vai a permitir que as cores do teu produto sexan captadas tal e como son, e non con cores diferentes aos reais. A luz debe ser suave e envolvente, para que non cree sombras, xa que as persoas que están mirando os produtos na túa web queren poder apreciar todas as características e detalles. Se presentas fotos con sombras ou produtos mal iluminados, poder perder unha posible venda, e o trafico de visitantes na túa páxina web será máis corto.

Cantas caras debes mostrar, cantas fotos debes facer..? Iso dependera do teu propio produto. Por exemplo, no calzado o habitual é atoparse entre 4 e 6 imaxes por produto. Non obstante, unha coñecida plataforma de comercio electrónico mundial emprega habitualmente 7 fotografías para o calzado, comprendendo dende a sola ata un plano cenital, non deixando nada á dubida por parte do cliente. En cambio, noutros produtos, como as botellas de viño, entre dúas e catro fotografías son habitualmente suficiente. 

Merece a pena mencionar que neste tipo de fotos convén non obviar a caixa ou empaque na que ven o produto ,sempre e cando este sexa significativo debido ao seu deseño innovador, material, forma, ou calquera outra cuestión relevante.

A fotografía para as redes sociais, en cambio, é máis divertida, permitindo empregar outro tipo de fondos, con deseños, sempre e cando non resten importancia ao produto. Hoxe en día resultan bastante populares os fondos con deseños de mesa de madeira avellentada, escura, estilo vintage, ou paredes que asemellen bloques con textura, efecto que pode acadarse con papel decorativo para paredes.

Aquí si vale presentar o produto con adornos, xa que é un tipo de fotografía no que prevalece a creatividade sobre a técnica. É mellor unha boa composición que unha gran calidade de imaxe, aínda que por suposto esta tamén ha de ser aceptable.

Este tipo de fotografía para redes sociais non so aplica para produtos, senón tamén para servizos. Podes recorrer a bancos de imaxes, tanto gratuítos como de pago, para buscar imaxes coas que poidas transmitir algo que garde relación co teu servizo. Por exemplo, se es axente inmobiliario, non so presentes fotos de espazos interiores das vivendas que arrendas e vendes. Trata de empregar tamén imaxes refrescantes, bonitas, tal dunha familia feliz xogando nun xardín. Humaniza as túas mensaxes con fotografías dun amañecer ou un atardecer da zona onde tes un piso en arrendamento, en lugar de mostrar continuamente o seu interior. Iso xa o fas na túa páxina web. Por que non facer algo diferente?

Emprega tamén textos e debuxos, pois  chaman a atención nas fotos para redes sociais, sobre todo se son textos orixinais. Transmiten unha mensaxe, unha característica, unha frase que identifique o produto ou servizo. Así multiplicaras o poder expresivo da foto.

A través de aplicacións gratuítas como SNAPSEED y PIXLR, podes agregar texto as fotos feitas co teu móbil. Teñen unha ampla variedade de deseños, cores, fontes... ¿A que esperas para probalas?

 

Nirixoxis Rodríguez - Fotógrafa

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento