Evento Pont-Up store en Pontevedra - Actualidade
Actualidade
Evento Pont-Up store en Pontevedra
Data: martes, 13 de setembro de 2016
Durante os vindeiros días 22, 23 e 25 de setembro celebrarase en Pontevedra a terceira edición de Pont-Up Store, unha iniciativa de apoio ao emprendemento promovida pola Universidade de Vigo e que conta coa participación de diversas entidades, entre elas a Deputación de Pontevedra.
Co obxectivo de estender a cultura emprendedora na sociedade. Baseándose en enfocar o emprendemento dende un punto de vista creativo e coa busca do desenvolvemento persoal como unha das súas máximas, afronta a súa terceira edición convertido nun espazo de referencia para o emprendemento en Galicia.
Dentro das diversas actividades ofertadas, a Deputación de Pontevedra, participará cun evento no que achegará aos emprendedores os diferentes proxectos que ten en marcha para apoiar ás persoas emprendedoras, entre elas a iniciativa SmartPeme, que pechará o evento co obradoiro "Comeza a comercializar os teus servizos en redes sociais", que impartirá Alberto Falcón, asesor TIC de referencia na oficina SmartPeme de Pontevedra.
Cunha gran penetración entre a poboación, as redes sociais teñen unha importancia capital para as relacións cos clientes e unha influencia notable no proceso de compra. Por isto SmartPeme considera de grande utilidade ofertar este obradoiro a todos os emprendedores interesados, onde se expoñerán as vantaxes que unha empresa pode obter aproveitándose das ferramentas e técnicas de venda para redes sociais, para construír unha imaxe de marca positiva cara os clientes.
O evento está programado para o día 23 de setembro, a partir das 16:30h e terá lugar no edificio administrativo da Deputación de Pontevedra, na avenida Montero Ríos. Podes reservar a túa praza na seguinte ligazón.
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xullo 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google16 de xullo de 2025 12:00Máis información