Actualidade

Dixitalización turística

Data:  venres, 05 de novembro de 2021

 
Dende hai dous anos, o turismo converteuse nun sector cheo de incerteza ocasionando grandes cambios nos consumos da clientela, o que conleva adaptacións das empresas turísticas e mesmo das institucións que traballaban neste sector. 
 
É por iso polo que tomaron gran relevancia os medios online, porque permitían ás PEMES e servizos turísticos adaptarse a eses cambios dunha forma máis rápida e eficaz. 
 
Por unha banda, a dixitalización facilitou a difusión da información do sector cara á clientela durante a época da pandemia, axudando a crear estratexias para a promoción do produto turístico cando non se podía saír das nosas casas e axudando a que as persoas non se esquecesen da sensación que lles proporcionaba poder viaxar. 
 
Para iso, Internet axúdanos a que a información chegue a todos os puntos do planeta e de forma lineal devólvenos datos sobre as persoas que están detrás das pantallas. Ademais, grazas ao márketing dixital o turismo adaptouse ás novas necesidades daquela parte da poboación que quería coñecer o destino ao que ían viaxar a través dos seus smartphones. E xa non só é de utilidade para a clientela final, senón tamén axuda a crear unha rede de profesionais do sector que permite abrirse cara a novos nichos de mercado que aínda non están explotados ou mesmo colaboracións entre as persoas dedicadas profesionalmente ao turismo que forman parte do mesmo ámbito local. 
 
Por outra banda, as persoas viaxeiras son cada vez máis esixentes e buscan experiencias personalizadas, ser parte do proceso da viaxe, interactuar desde o primeiro minuto e poder contalo todo ás súas persoas máis próximas ao acabar as vacacións. 
 
Adicionalmente, a dixitalización dos servizos e o márketing sensorial han permitido o desenvolvemento de novas tendencias como o "Glamping", que foi collendo peso durante estes últimos anos e inclúe desde experiencias onde se dorme en árbores ata pasar unha noite nun barco no medio do mar. 
 
Tamén hai que ter en conta que antes de pisar o destino da viaxe, a persoa que viaxa xa buscou información sobre restaurantes, que facer no seu tempo libre, opinións, reservou excursións...etc. E, a dixitalización tamén permitiu que non che perdas nas cidades que visitas grazas a ferramentas de Google como Maps, que coñezas os monumentos e locais máis famosos dese lugar con Google My Business ou mesmo que poidas facer unha reserva dun hotel a través de Google Travel. 
 
Ademais, propiciou novas tendencias tecnolóxicas no sector como intelixencia artificial, Big Data, novas formas de e- commerce que nos levan a descubrir novas posibilidades para seguir avanzando sen fronteiras cara a un turismo máis personalizado e unha experiencia sensorial do século XXI. 
 
Por tanto, a dixitalización é unha as mellores ferramentas para saber cales son as necesidades da clientela, pero nunca hai que esquecer que o turismo é 100% humano e necesita tamén que se aplique este factor á hora de deseñar a experiencia. 
 
Mariana Rosa
Asesora TurisTIC
 

Fonte:  SmartPeme



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento