Actualidade

Desafío Hackathon DESTInno

Data:  luns, 25 de marzo de 2019

A Deputación de Pontevedra, integrante da Rede Nacional de Destinos Turísticos Intelixentes, está a organizar a II Xornada TurisTIC que se celebrará o día 10 de abril no Museo Verbum de Vigo.

O obxectivo desta Xornada é promover a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre empresas do sector turístico, empresas tecnolóxicas e institucións públicas do Noroeste (Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e País Vasco).

No marco desta Xornada vaise celebrar unha iniciativa moi relevante para a o talento e a innovación na provincia, a celebración do Hackathon DESTInno, os días 8 e 9 de abril na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.

Durante estes dous días equipos multidisciplinares poderán desenvolver solucións enfocadas nos destinos turísticos intelixentes.

Luns 8

  • 10:00 –10:30 Acreditacións
  • 10:30 -11:15 Charlas introductorias
  • 11:15 -12:00 Dinámicas de grupo e tormentas de ideas
  • 12:00 -14:00 Inicio oficial do tempo de desenvolvemento
  • 14:00 -15:00 Parada para comer
  • 15:00 -21:00 Seguimos co desenvolvemento
  • 21:00 Peche

Martes 9

  • 09:30 -13:30 Seguimos co desenvolvemento
  • 13:30 -14:00 Peche oficial do tempo de desenvolvemento
  • 14:00 -15:00 Parada para comer
  • 15:00 –16:30 Presentacións e demos dos distintos equipos
  • 16:30 -17:00 Fallo do xurado e entrega de premios
  • 17:00 -17:30 Clausura do evento
  • 17:30 Peche
 
Se desexas máis información consulta a páxina do Hackathon aquí
Este é o enlace de inscrición. Non importa que non teñas grupo, inscríbete e o equipo coordinador encargarase de organizar os equipos.
 

Haberá máis de 4.000€ en premios:

  • Primeiro clasificado: 3.000 €. Patrocinado por Consorcio Zona Franca de Vigo.
  • Segundo clasificado: 1.000 €. Patrocinado por Clúster TIC Galicia.
  • Terceiro clasificado: 500 €. Patrocinado por Clúster Turismo Galicia.

Ademáis, os participantes serán invitados a un concurso menor para o desenvolvemento dunha solución tecnolóxica sempre que reúnan os requisitos contemplados na  LCSP.

O equipo gañador presentará a súa solución no Museo Verbum de Vigo o día 10 na II Xornada  TurisTIC.

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento