Actualidade

CONVOCATORIA DA II ACELERADORA MULTISECTORIAL DE EMPRESAS SMARTPEME

Data:  luns, 15 de maio de 2023

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, presenta a II Aceleradora Multisectorial de Empresas SmartPeme. Esta segunda aceleradora ten como obxectivo prestar apoio e guía na mellora e optimización dos recursos das empresas mediante a incorporación de novas tecnoloxías, de forma que poidan mellorar a súa competitividade.
 
A quen vai dirixido?
 
A II Aceleradora Multisectorial de Empresas SmartPeme está dirixida a PEMES, persoas autónomas e emprendedoras da provincia de Pontevedra, que desexen reorientar o seu negocio ou poñer en marcha a súa actividade en liña; así como persoas cun proxecto empresarial ligado a calquera sector en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de crecemento e con dispoñibilidade e compatibilidade para seguir as accións formativas propostas.
 
Actividades
 
A II Aceleradora Multisectorial de Empresas SmartPeme seguirá as seguintes fases e actividades:
 
 
Proceso de selección de participantes
 
Co fin de conseguir unha correcta selección das persoas participantes desta II Aceleradora Multisectorial de Empresas SmartPeme, o Comité de Avaliación do proxecto SmartPeme realizará unha preselección entre os proxectos en base á documentación presentada polas persoas interesadas e por cada un dos criterios de valoración que están recollidos nas bases.
 
1. Memoria do proxecto: Os interesados terán que cumprimentar, xunto coa solicitude, un formulario de memoria do proxecto, cunha extensión máxima de 5 páxinas que deberá conter: 
  • Obxectivo do proxecto. 
  • Misión, visión e valores. 
  • Actividade que realiza. 
  • Descrición do produto/servizo.
  • Que pretende alcanzar coa súa participación na II Aceleradora de Empresas Smartpeme.
2. Perfil das persoas participantes: Presentación do equipo participante e da persoa delegada para a asistencia ao programa. 
 
Unha vez completada a preselección, os membros do equipo técnico de Smartpeme e o Comité de Avaliación realizarán unha pequena entrevista a aqueles proxectos preseleccionados co fin de coñecer e avaliar en detalle o seu potencial de negocio, implicación e necesidades para abordalo. 
 
Unha vez realizadas as entrevistas, o Comité de Avaliación seleccionará a un máximo de 8 proxectos participantes na aceleradora.
 
A resolución definitiva dos proxectos seleccionados publicarase na web de SmartPeme e será comunicada ás persoas interesados vía correo electrónico.
 
Calquera aclaración respecto ás bases ou discrepancia debe ser remitida mediante correo electrónico á dirección info.smartpeme@depo.es.
 
Lugar, forma e prazo de presentación de solicitudes
 
O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o 1 de xuño ás 23:59 horas, non considerándose ningunha candidatura presentada fóra de prazo. 
 
Período lectivo 
 
As actividades do Programa de aceleración executaranse entre o 6 de xuño e o 18 de xullo.
 
Preferentemente priorizaranse os asesoramentos de forma telemática, aínda que existirá a posibilidade de realizar asesoramentos de forma presencial en función das necesidades da persoa usuaria.
 
As actividades formativas serán todas en liña para facilitar e garantir a asistencia das 8 empresas seleccionadas que poderán ser de calquera parte da provincia de Pontevedra. 
 
Inscripción e documentación necesaria 
 
O programa de aceleración multisectorial, na súa terceira edición, acollerá un máximo de 8 empresas que serán seleccionadas en base ao proceso de evaluación descrito anteriormente.
  
Para inscribirte podes facer clic AQUÍ
 
Para calquera dúbida ou consulta poderá contactar co equipo do proxecto en:
 
SmartPeme Pontevedra
Edif. Admin. Deputación de Pontevedra 
Av. Montero Ríos s/n 
36071 - Pontevedra 
Email: info.smartpeme@depo.es  
Teléfono: 886 202 020 

Fonte:  SmartPeme



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento