Como protexer o teu negocio dos ataques informáticos - Actualidade
Actualidade
Como protexer o teu negocio dos ataques informáticos
Data: xoves, 01 de xuño de 2017
O criptovirus WanaCrypt0r, con máis de 200.000 usuarios afectados en 180 países, xerou un gran balbordo mediático, deixando innumerables ficheiros persoais encriptados e inutilizados. Non é un ataque novo, os precedentes remóntanse a setembro do 2013 cando nos vimos afectados por CryptoLocker, e posteriormente por Cryptowall e TeslaCrypt, por mencionar só aqueles que tiveron máis incidencia no noso país.
O modus operandi tampouco é novo: un correo electrónico cun adxunto que ao abrilo carga o virus en memoria. A partir de aí podemos destacar algunha curiosidade de WannaCry, que con anterioridade non era común: o emprego dun directorio temporal onde se moven os arquivos para cifrar, ou a lista tan singular das extensións dos arquivos que cifra, incluíndo extensións de "máquinas virtuais" ou ficheiros de "backup".
Ante esta situación a pregunta que máis escoitamos estes días é: que contramedidas podemos tomar ante estes ataques? En xeral as recomendacións para ter en conta son as habituais: un bo antivirus con devasa integrada, sistemas operativos actualizados, copias de seguridade frecuentes e sobre todo non abrir arquivos adxuntos que non esperemos recibir. O erro humano segue sendo a maneira máis fácil de penetrar nos nosos sistemas, polo que é o punto ao que debemos prestar maior atención.
Destes detalles e outras peculiaridades daremos boa conta na nosa charla informativa: "Como protexer o teu negocio dos ataques informáticos" que terán lugar en Ponteareas e Vigo os días 27 e 29 de xuño, respectivamente.
Fonte: CPAE
Rexistro
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
-
Novas ferramentas de Instagram para turismo02 de marzo de 2021 11:00Máis información
-
Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing03 de marzo de 2021 18:00Máis información
-
Impresión 3D VIII – Axustes de impresora04 de marzo de 2021 12:00Máis información
-
Grava e edita co teu teléfono móbil: Inshot08 de marzo de 2021 18:00Máis información
-
O teu plan de márketing dixital paso a paso09 de marzo de 2021 12:00Máis información
-
SEO para redes sociais09 de marzo de 2021 17:00Máis información