Actualidade

Como escoller intelixentemente a velocidade de internet

Data:  martes, 20 de outubro de 2015

 
Na actualidade vemos moitas ofertas de provedores de internet con velocidades e prezos realmente sorprendentes que chegan ata 300 Mb, que nos fan pensar automaticamente que contratar a máxima velocidade sempre é o mellor, pero ¿están os nosos dispositivos preparados para soportar estas velocidades?
 
Empecemos por coñecer un pouco de teoría. Para conectarnos a internet o máis común é usar o wifi. Os teléfonos móbiles, os portátiles, as tabletas, os televisores intelixentes ou consolas de vídeoxogos, entre outros, usan wifi para conectarse a internet.
Wifi é o nome comercial dunha familia de estándares que responden á denominación IEEE 802.11 e que se utiliza principalmente para implementar redes locais inalámbricas. Existen varias versións deste estándar: a primeira foi lanzada no ano 1997 e coñécese como 802.11, a última publicouse no ano 2014 e coñécese como 802.11ac ou WIFI 5. Con todo, as versións 802.11n e 802.11g son as máis populares na actualidade. Como en calquera estándar relacionado coa transmisión de datos, un dos parámetros máis importantes do wifi é a velocidade de transmisión, que pode alcanzar ata 1.3 Gbps, aínda que a velocidade máis frecuente é de 54 Mbps. 
Existen dúas bandas de frecuencias pola que se transmite o wifi, unha é de 2.4 Ghz e a outra de 5 Ghz. A frecuencia de 2.4 Ghz, por ser a máis empregada, está saturada, nos lugares con maior densidade de poboación poden darse conflitos e interferencias entre as redes. Esta frecuencia tamén é a que empregan os teléfonos móbiles e os microondas, que poden causar interferencias. Todo este tráfico e sinais reducen a velocidade da rede inalámbrica.
As redes que usan a frecuencia de 5 Ghz poden ser un alivio para a saturación da banda 2.4 Ghz. Esta banda ten un sinal máis limpo e máis canles que poden combinarse para obter maior velocidade. O seu alcance é algo menor que o dos estándares que traballan a 2.4 Ghz (aproximadamente un 10 %), debido a que a frecuencia é maior (a maior frecuencia, menor alcance). Poucos equipos son capaces de usar a canle de 5 Ghz, só os máis modernos.
A maioría dos dispositivos que usamos actualmente son 802.11 a/g/n, polo que soportan un máximo de 54 Mbps, incluso os móbiles e tabletas, polo que se contratamos un internet de 200 Mbps estamos só usando pouco máis do 25 % da velocidade contratada.
Para poder gozar dunha velocidade de 200 Mbps ou 300 Mbps debemos ter dispositivos 802.11ac ou, mellor aínda, usar conexións cableadas, que non teñen interferencia nin perda de datos. En calquera caso, estas conexións  de alta velocidade son boas cando existen moitos dispositivos conectados a internet constantemente. 
 
Recoméndase contratar conexións de máis de 100 Mbps só en caso de ter subscricións de TV por internet, computadores conectados á rede con cable que posúan cartóns de rede 10/100/1000 (Gigabit), consolas de xogo conectadas ou internet por cable UTP. 
Se os teus dispositivos non soportan estas velocidades e non tes máis de 5 equipos conectados á vez, non malgastes o teu diñeiro contratando máis de 100 Mb xa esta velocidade vai ser suficiente para ler correo, redes sociais e ver vídeos. Se xa tes contratada unha conexión de alta velocidade e queres aproveitala ao máximo podes comprar un adaptador inalámbrico USB 802.11ac. O seu prezo é de aproximadamente 30 Euros.
 
Saúdos cordiais desde CPAE 2.0.
Victor Fernandez. Asesor CPAE 2.0

Fonte:  CPAE



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento