Cobertura WIFI na oficina Repetidor Vs PLC - Actualidade
Actualidade
Cobertura WIFI na oficina Repetidor Vs PLC
Data: martes, 01 de setembro de 2015
Tes cobertura wifi en todas as partes da oficina? Repetidores vs. PLC
Se es dos que responden timidamente "non", continúa lendo este consello, comentareivos brevemente e de maneira sinxela como resolver este problema de maneira moi fácil e económica.
Seguramente na nosa oficina ou nas súas diferentes plantas temos puntos negros ou zonas de cobertura moi limitada onde, por estraño que pareza, temos sinal wifi pero non conseguimos conectarnos e levamos as mans á cabeza, exclamando "Non entendo nada… teño sinal pero non consigo navegar por internet!!".
Isto é debido a dous conceptos moi sinxelos que debemos entender: cobertura e ruído
O sinal dun dispositivo wifi pode ser potente, desde logo iso permítenos ter máis cobertura para conectarnos sen fíos pero, que ocorre se poñemos repetidores wifi para solucionar o noso problema? Esta xenial idea xurdiu debido á enorme publicidade que vemos nos medios e ó seu atractivo prezo, pero aquí non se fala nada do ruído, o noso grande inimigo, e logo chegan os problemas que antes mencionaba.
Para entender o que ocorre cos repetidores, imaxinemos por un instante a situación con este exemplo cotián: "se queremos enviar unha mensaxe a un amigo usando a nosa voz e supoñendo que esta mensaxe ten que pasar por 10 persoas, xeralmente a mensaxe chega distorsionada xa que a canle vai perdendo información a medida que se transmite de amigo a amigo". Isto mesmo ocorre cos repetidores, existe ruído e o dispositivo recibe o sinal con forza (cobertura) pero con moito ruído e non identifica a mensaxe correctamente.
Conclusión: é malo un repetidor? Nin moito menos, "está xenial", si e só se usas 1 ou 2. Xa que de aumentares o número de repetidores perderás calidade porque se incrementará o ruído.
Como resolvo este problema? Pois tan sinxelo como utilizar adaptadores PLC
A diferenza deste dispositivo é que o sinal wifi non viaxa polo aire, coa súa consecuente perda de calidade, senón que viaxa pola rede eléctrica da nosa oficina e a perda é case nula. A súa instalación é sinxela, basta enchufalos á rede por pares, poñendo un onde está o router e o outro na parte da oficina onde non hai internet e listo.
Resumindo: repetidor vs. PLC
Repetidor: é moi barato, só debe usarse no caso de termos unha pequena zona onde non exista boa cobertura, require de configuración, hai unha perda de sinal a medida que incrementamos o número de repetidores en serie.
PLC: non é tan barato pero tampouco ten un prezo excesivo e pódese usar en calquera sitio onde haxa un enchufe, non require de configuración e non hai perda de sinal.
Un saúdo
Autor: Pablo Sabell, Asesor TIC oficina CPAE 2.0 Vigo
Fonte: CPAE
Rexistro
« | Maio 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Recomendacións para o uso da intelixencia artificial na programación15 de maio de 2025 12:00Máis información
- Novo parte de viaxeiros a través de SES HOSPEDAXES15 de maio de 2025 16:30Máis información
- Ferramentas de xestión para aloxamentos turísticos19 de maio de 2025 12:00Máis información
- Primeiros pasos coa Administración Electrónica20 de maio de 2025 09:30Máis información
- Do taller ao mercado: márketing para artesanía20 de maio de 2025 17:00Máis información
- Protexe a túa marca: rexistro e estratexia21 de maio de 2025 12:00Máis información