Eventos
Eventos
Buscador
10/07/2024 11:00
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados) Nesta sesión, exploraremos como a IA está a revolucionar a forma en que as empresas interactúan cos seus clientes e toman decisións estratéxicas no campo do márketing. Descubriremos como a IA pode impulsar a personalización, a segmentación e a automatización nas campañas de mercadotecnia, permitindo ás empresas alcanzar novos niveis de eficiencia e eficacia. Prepárate para mergullarte nun mundo de algoritmos intelixentes, aprendizaxe automática e análise de datos avanzada. Non importa se es un comerciante ou só tes curiosidade por saber como a IA está a cambiar o xogo. Índice de contidos: 1. Introdución 2. Que é a IA e as súas orixes? 3. O impacto da IA no marketing 4. Aplicacións da IA en mercadotecnia 5. Ferramentas de IA dirixidas ao mundo do márketing O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
16/07/2024 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Obradoiro dirixido a pemes e autónomos onde verá un curso básico de conceptos web, centrado na importancia dunha páxina profesional e as súas vantaxes como empresa, ademais do seu correcto posicionamento en internet mediante técnicas libres. Índice de contidos: 1. Introdución conceptos básicos 2. Que é SEO / Técnicas de SEO 3. Posicionamento interno 4. Posicionamento externo 5. Penalidade do buscador 6. Ferramentas de SEO 7. Obradoiro de SEO O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom. O mundo dixital representa un modelo de negocio e un crecemento empresarial. Por que este potencial non o poden empregar tamén asociacións, fundacións, cooperativas ou empresas con fins sociais? Neste taller revisaremos as principais estratexias en liña, as ferramentas e as canles máis axeitadas dispoñibles para as entidades do terceiro sector para funcionar no contorno dixital, atendendo aos seus principais obxectivos e necesidades. Índice de contidos: 1. Introdución. 2. Obxectivos e particularidades do terceiro sector no ámbito dixital. 3. Estratexias e canles de captación, captación de fondos e imaxe corporativa. 4. Ferramentas. 5. Exemplos de éxito. O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing en liña.