Actualidade

Os Reels son máis importantes do que ti cres

Data:  venres, 27 de xaneiro de 2023

 
Neste ano que comezamos, os Reels de Instagram seguirán en tendencia. Hoxe, comentámosche por que.
 
Temos que admitilo, os Reels chegaron para converterse en formatos de contido moi aditivos. Detrás dun ven outro e así consecutivamente. Tanto é así, que os Reels son o formato con máis engagement de todo Instagram. 
 
Esto que quere dicir?
 
Segundo Influencer Marketing Hub, os Reels reciben un 22% máis de interacción que o resto dos formatos. As persoas que utilizan Instagram están ata 53 minutos vendo estes pequenos vídeos e ademais, o 50% destas persoas utilizan o explorador de Reels para coñecer novas contas. A finais de 2019, Instagram aumentou nun 4,34% as persoas usuarias que soamente se deron de alta para coñecer este novo formato.
 
Para deseñar Reels non é necesario facer bailes nin esaxerar obras de teatro. Con desenvolver contido que eduque, informe ou entreteña é suficiente. Eso sí, pensa que ten que ser contido de valor e de interese para as persoas usuarias.
 
Este pequenos vídeos teñen características propias, como que por exemplo os pode ver calquera persoa independentemente de se te seguen ou non. Aquí o algoritmo de Instagram favorece a aqueles Reels que respondan aos intereses, conversas ou temas en tendencia que tanto as túas persoas seguidoras como a comunidade de Instagram están a demandar no momento actual. 
 
Queres facer Reels de calidade, pois pon moito ollo a estes consellos:
  • Presta atención a calidade do teu vídeo e do teu audio
  • Non compartas vídeos doutras plataformas ou redes sociais
  • Fai uso da música en tendencia
  • Utiliza hashtags específicos da túa área temática
  • Deseña portadas creativas e atractivas
  • Deseña vídeos que sexan breves e relevantes
  • Utiliza temas de actualidade como tema 
  • Entretén a túa comunidade, o humor é clave
  • Publica Reels con regularidade (planifica os teus vídeos cun planificador de Social Media)
Se queres editar os teus Reels coma profesionais, aquí che aconsellamos algunhas ferramentas:
  • Instagram App (a propia aplicación ofrece gran variedade de opcións para editar)
  • Canva (por supusto, a super ferramenta de deseño non podía faltar)
  • FilmoraGo
  • iMovie
  • CapCut
  • PicsArt
  • Inshot
A presenza en Instagram é fundamental, pero os Reels axudan a transmitir os teus valores de marca, os teus servizos e produtos coa finalidade de atraer a novas persoas á túa comunidade. A que estás esperando?
 
 
 
Fátima Failde
Asesora TIC
 

Fonte:  SmartPeme



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento