WhatsApp para aloxamentos turísticos

Data Inicio:  26/11/2025 12:00    
Data Fin:  26/11/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro en liña a través de Zoom.

WhatsApp é unha das principais canles de comunicación dixital no noso país e en todo o mundo: máis de 2.900 millóns de persoas usan a aplicación. É difícil atopar alguén que non se comunique a través deste medio, pero poucas empresas turísticas están a usar esta tecnoloxía para comunicarse cos seus clientes ou mesmo como plataforma de reservas.

Neste obradoiro, exploraremos as diferenzas entre WhatsApp Personal e WhatsApp Business e, principalmente, as vantaxes de usar WhatsApp Business como ferramenta de mercadotecnia para os nosos aloxamentos turísticos.

Dirixido a emprendedores, autónomos e pemes do sector turístico, trataremos como configurar e aproveitar esta ferramenta para os nosos alugueiros vacacionais.

Índice:
1. Introdución
2. Características e configuración
3. Boas prácticas para aloxamentos

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, licenciada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestiona aloxamentos, crea paquetes, crea produtos e desenvolve presenza de marca nas redes sociais. Apasiónalle a fotografía e o marketing dixital.
Url do Evento: https://forms.gle/zSq6Seny8Sn6x5Gb7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse