Eventos
Eventos
Buscador
10/03/2026 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Linkedin é unha das mellores e máis valoradas redes sociais por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede profesional de contactos. Destinado a fortalecer e ampliar as túas conexións profesionais e empresariais, Linkedin está situado nunha das principais redes sociais que toda empresa debería xestionar. Por iso, este obradoiro pretende coñecer a rede social, coñecer o seu funcionamento e así poder sacarlle o máximo proveito. Índice de contidos: 1. Introdución a Linkedin 2. Perfil profesional 3. Xeración dunha Rede de contactos 4. Páxina da empresa 5. Promove os teus produtos e/ou servizos 6. SEO para Linkedin O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.