SmartPeme comeza o ano apostando pola robótica nas PEMES - Actualidade
Actualidade
SmartPeme comeza o ano apostando pola robótica nas PEMES
Data: luns, 07 de xaneiro de 2019

Co inicio do novo ano en SmartPeme tamén propoñémonos propósitos de ano novo, neste 2019 queremos achegarvos as tendencias tecnolóxicas que están a revolucionar a economía. Estas tecnoloxías deixaron de ser un concepto futuro, para converterse na realidade diaria de numerosas empresas.
É probable que para moitos de vós ditas tecnoloxías resúltenvos novas ou descoñecidas, e non vos soen conceptos como o de Industria 4.0, a Realidade Aumentada ou o BlockChain. Se é así, non vos preocupedes, desde SmartPeme traballamos para achegar todas elas ás empresas da provincia de Pontevedra. Para logralo contamos co Centro Provincial de Economía Dixital (CPED) situado no Viveiro de Empresas de Barro-Meis.
A primeira parada, na viaxe para descubrir estas novas tecnoloxías, reservámolas para a robótica. Dun modo máis específico teremos unha primeira aproximación ao mundo do arduino ao longo do primeiro trimestre de 2019.
Arduino é un proxecto de hardware (placas e sensores) e software libre, o que permite a distribución de placas e programas, para esta contorna, por parte de calquera individuo. Estas "placas" están deseñadas para crear dispositivos dixitais, que poidan interactuar con obxectos do mundo real, mediante o uso de "sensores".
Grazas ás instalacións do Fab- Lab, co que conta a Deputación de Pontevedra no propio viveiro de Barro-Meis, que están dotadas con máis dunha vintena de placas de arduino, sensores e outros complementos, impartiremos un itinerario denominado "Programación con arduino", composto de 4 obradoiros de 3 horas de duración cada un.
A través desta serie de obradoiros buscamos que os asistentes aprendan as bases da linguaxe de programación utilizado en arduino, así como a realización de diversos proxectos, como un medidor de temperatura ou unha mano robótica. Estes obradoiros estarán impartidos por Manuel Freire, asesor SmartPeme do CPED e experto en robótica e impresión 3D.
Se non queredes quedarvos sen a vosa praza podedes inscribirvos na seguinte ligazón, o número de teléfono 886 20 20 20 ou o correo electrónico info.smartpeme@depo.gal. Correde que non hai moitas!
Fonte: SmartPeme
Rexistro
| « | Novembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Copywriting II - Web e tendas en liña17 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Deseño na nube: primeiros pasos con OnShape18 de novembro de 2025 11:00Máis información
- Revenue Managment: estratexias intelixentes para maximizar os teus ingresos19 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Organiza, planifica e programa os teus proxectos II - Coñece Notion20 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Marca a diferenza coas últimas estratexias en márketing dixital21 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Organiza, planifica e programa os teus proxectos III - unindo Metricool e Notion24 de novembro de 2025 12:00Máis información