Red.es contribuirá con 630.000 euros á incorporación das pemes galegas ó comercio electrónico - Actualidade
Actualidade
Red.es contribuirá con 630.000 euros á incorporación das pemes galegas ó comercio electrónico
Data: martes, 08 de xullo de 2014
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade Red.es, pon en marcha o terceiro Programa de mentoring en comercio electrónico, unha convocatoria pública para a concesión de axudas económicas que teñen como obxectivo impulsar a actividade comercial en liña entre as pequenas e medianas empresas. Este programa desenvólvese en Galicia en colaboración coa AMTEGA, con axudas que ascenden a un total de 18,06 millóns de euros. Galicia está entre as comunidades que poden solicitalas, cun investimento específico de 630.000 euros que se estima que terá arredor de 42 beneficiarios.
O programa establece dúas liñas de actuación. A primeira ofrece servizos de asesoramento especializados e individualizados en materia de comercio electrónico a través da asesoría personalizada por profesionais expertos do sector, homologados previamente por Red.es, que subvencionará o 80% do custo da actuación (impostos indirectos excluídos) ata un máximo de 5.000 euros por beneficiario.
A segunda liña establece a concesión de axudas para a implantación de solucións e servizos tecnolóxicos de comercio electrónico que contribúan á venda dos produtos e prestacións do beneficiario a través de internet. Red.es achegará o 80 % do total dos gastos subvencionables do proxecto de implantación de solucións e servizos tecnolóxicos de comercio electrónico (impostos indirectos excluídos), ata un máximo de 10.000 euros por beneficiario. Este poderá contratar o provedor que desexe, sen ter a obriga de seleccionar para a execución deste segundo lote unha das entidades colaboradoras correspondentes ó lote I.
O prazo de presentación de solicitudes divídese en dúas fases: a fase I, de presentación de formularios de solicitude, que remata o 9 de setembro, e a fase II, para a presentación dos ficheiros adxuntos, que finaliza o 23 dese mesmo mes.
O prazo de presentación de propostas do lote II será de 30 días naturais a contar desde o día seguinte á data de publicación da resolución de beneficiarios no Boletín Oficial do Estado.
Nota de prensa
07/07/2014
http://www.codigocero.com/Red-es-contribuira-con-630-000
Fonte: http://www.codigocero.com/
Rexistro
« | Agosto 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Obradoiro de Canva para Hostelería: Menús e contido para redes01 de setembro de 2025 11:00Máis información
- Impresión 3D no 2025, Slicers actuais 4/4, OrcaSlicer03 de setembro de 2025 12:00Máis información
- Google Analytics para a toma de decisións04 de setembro de 2025 12:00Máis información
- Fotografía e vídeo para redes sociais08 de setembro de 2025 12:00Máis información
- Deseño 3D online con OnShape 3, Profundizando no deseño09 de setembro de 2025 12:00Máis información
- Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro secto10 de setembro de 2025 12:00Máis información