Desenvolvemento de solucións innovadoras a retos - Actualidade
Actualidade
Desenvolvemento de solucións innovadoras a retos
Data: luns, 24 de xaneiro de 2022

Co obxectivo de continuar impulsando a innovación e talento da provincia de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra no marco do proxecto SmartPeme presenta o concurso Desenvolvemento de solucións innovadoras a retos que terá lugar entre o 24 de xaneiro e o 15 de febreiro do 2022.
O obxectivo do concurso consistirá en desenvolver solucións innovadoras a través da creación dunha aplicación móbil, web ou outra plataforma tecnolóxica que dea resposta a un dos seguintes retos:
- Axudar na promoción da sostibilidade nas empresas.
- Contribuír na mellora da igualdade nas empresas.
- Axudar no impulso do emprendemento.
Nesta ocasión, exponse unha iniciativa completamente en liña, de maneira que se poderá garantir a seguridade e saúde de todas as persoas participantes. Por outra banda, efectuarase en grupos multidisciplinares de máximo catro persoas (4).
Este concurso iníciase o luns 24 de xaneiro coa apertura de inscricións. Desde ese mesmo momento, os equipos poderán empezar a traballar na idea e o desenvolvemento dos proxectos. O 10 de febreiro presentaranse os proxectos ante un xurado e posteriormente, as persoas participantes acudirán ao evento final que celebrarase o día 15 de febreiro, onde se presentarán as ideas finalistas e escollerase aos tres equipos gañadores do concurso.
A inscrición pódese realizar facendo click AQUÍ. Ditas inscricións permanecerán abertas ata o día 9 de febreiro, día no que os equipos terán que subir os seus proxectos antes das 23:59 h.
Poderán participar persoas de todo o territorio nacional que conten coa preparación técnica suficiente para levar a cabo o desenvolvemento das ideas exposta.
Para o desenvolvemento óptimo do concurso, as persoas participantes poderán contactar co equipo de SmartPeme a través do correo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020 co fin de axudar a liquidar cuestións relacionadas coa iniciativa, consultas de corte tecnolóxico, ou outras dúbidas relacionadas co modelo de negocio exposto.
O xurado valorará a validez do modelo de negocio, a viabilidade, a innovación e a diferenciación do proxecto na selección dos gañadores.
Os equipos que resulten finalmente gañadores poderán gozar dos seguintes premios:
• 1º Premio:
- Acceso prioritario aos programas de coworking que a Deputación de Pontevedra desenvolverá durante o ano 2022 nos viveiros de empresas de Lalín e Barro
- Estancia nun aloxamento na provincia de Pontevedra para catro persoas cunha valoración estimada en 1.000€
• 2º Premio:
- Acceso prioritario aos programas de coworking que a Deputación de Pontevedra desenvolverá durante o ano 2022 nos viveiros de empresas de Lalín e Barro
- Experiencia gastronómica na provincia de Pontevedra para catro persoas cunha valoración estimada en 500€
• 3º Premio:
- Acceso prioritario aos programas de coworking que a Deputación de Pontevedra desenvolverá durante o ano 2022 nos viveiros de empresas de Lalín e Barro
- Experiencia de turismo activo na provincia de Pontevedra para catro persoas cunha valoración estimada de 250€
Para consultar con maior detalle as condicións e outros aspectos do concurso Desenvolvemento de solucións innovadoras a retos pódese revisar as bases publicadas AQUÍ. Para máis dúbidas tamén se pode consultar escribindo a info.smartpeme@depo.es ou chamando ao teléfono 886 202 020.
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xuño 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
- Bizum: a evolución dos pagos dixitais16 de xuño de 2025 11:00Máis información
- Pinterest para e-commerce17 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio17 de xuño de 2025 17:00Máis información
- Creación e análise dunha base de datos de aloxamentos18 de xuño de 2025 16:30Máis información
- Deseño 3D online con OnShape 1, xestión documental e primer deseño19 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Crea vídeos de alto impacto só co teu Smartphone19 de xuño de 2025 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento