Actualidade

Demostración de Solucións Tecnolóxicas para o Sector Comercio

Data:  venres, 03 de febreiro de 2023

 
Co obxectivo de promover o coñecemento e os servizos tecnolóxicos aplicados ao sector comercio, o servizo Smartpeme da Deputación de Pontevedra celebra a Demostración de Solucións Tecnolóxicas do Sector Comercio, unha xornada na que, varias empresas mostrarán as solucións tecnolóxicas que desenvolveron e que son aplicables a ese ámbito. Esta iniciativa servirá de escaparate para todas esas empresas interesadas en ofertar os devanditos servizos e permitirá establecer novas relacións empresariais e xerar colaboracións entre as persoas asistentes que pertenzan a esta industria con tanto valor na provincia de Pontevedra.
 
A xornada celebrarase o vindeiro luns, 20 de febreiro, ás 9:00 horas e realizarase en formato en liña, a través da ferramenta Zoom, de forma que sexa posible facilitar a asistencia a todas aquelas persoas interesadas en acudir.
 
Se queres participar e presentar a túa solución tecnolóxica soamente tes que cubrir o formulario que atoparás AQUÍ antes do próximo martes, 14 de febreiro, e poñerémonos en contacto contigo.
 
Mentres que, se estás interesado en asistir como público e coñecer novas solucións tecnolóxicas que poderás aplicar no teu negocio, fai clic AQUÍ.

Fonte:  SmartPeme



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento