Actualidade

2021 ou o ano do auxe de Telegram

Data:  venres, 05 de febreiro de 2021

Como practicamente todas as persoas que utilizamos Smartphone sabemos, WhatsApp anunciou a comezos do mes de xaneiro cambios na súa política de privacidade entre os que atopamos a compartición de datos con Facebook. Esta novidade provocou que moitos e moitas usuarios/as marchásense a outras plataformas de mensaxería instantánea como Signal ou  Telegram. A pesar de que este cambio na política de Whatsapp atrasouse ata maio, son xa moitas persoas as que se pasaron a Telegram, segundo a propia compañía, 25 millóns de descargas máis só durante o mes de xaneiro… Chegando ao fito de superar os 500 millóns de usuarios/as activos en todo o mundo.

Pero para quen aínda non sucumbiron á plataforma de mensaxería rusa, imos falar dela e as súas vantaxes respecto a o seu principal competidor e así, poder valorar ata que punto é interesante ou non facer o cambio que tanta xente fixo xa.

En primeiro lugar, debemos saber que funcións como os stickers, os gif, as mensaxes que se autodestruyen ou o cifrado de extremo a extremo é algo que Telegram creou antes para a súa ferramenta e que Whatsapp foi "adoptando", ademais de que a interface de ambas é moi parecida tanto en funcións como en deseño e forma de uso.

Con todo, existen algunhas funcións que non temos no seu competidor como:

  • Editar mensaxes. Con Telegram podemos editar mensaxes enviadas, si é certo que debaixo desa mensaxe aparecerá un "editado" pero será algo discreto.
  • Borrar mensaxes cando queiras e sen "chivarse". Poderemos borrar unha mensaxe de calquera chat cando queiramos (borralo tanto para ti como en xeral) sen mostrar que o borramos, permitindo ademais borrar arquivos, fotografías, vídeos ou mensaxes de audio.
  • Borrar conversacións, que Telegram ofrece dentro de cada conversación coa opción de "baleirar chat".
  • Os cada vez máis populares Canles, cuxo funcionamento é similar ao dun blogue. Nas canles que cremos, poderemos escribir e compartir contido coas persoas que se subscriban, e á súa vez, esas persoas poderán ver e compartir. Aínda que non poderán escribir directamente, se poderán deixar comentarios en cada publicación que realicemos e o punto forte, o número de subscricións é ilimitado.
  • Os chats secretos. En Telegram, podemos crear chats con funcións como mensaxes que autodestruense en segundos, evitar que se fagan capturas de pantalla deste (ou avisar de que se fixeron), impedir o reenvío de mensaxes e todo por suposto cun cifrado de extremo a extremo.
  • Telegram non depende do teléfono móbil nin da SIM, si necesitamos un número de teléfono para crearnos unha conta, pero podemos utilizar a App en distintos dispositivos sen depender da SIM. Ademais, podemos crearnos un alcume co que poderán agregarnos sen coñecer o noso número de teléfono.
  • A xeolocalización permítenos atopar persoas e grupos públicos próximos á nosa localización e, aínda que por defecto as contas non veñen visibles a outros por xeolocalización a non ser que se modifique, pode ser moi útil para atopar grupos interesantes de propostas veciñais ou próximos.
  • Chats de voz e audios a outro nivel; e é que Telegram implementou os chats de voz, que funcionan como unha reunión telemática sen vídeo, só por audio, que permite que varias persoas interactúen falando.

Ademais, para os audios que recibimos por chat, temos a opción de reproducilos a máis velocidade.

  • Por último e non menos importante, está a facilitarnos o traspaso de contas entre aplicacións grazas a, entre outras opcións, a de importar as conversacións de Whatsapp a Telegram.

 

Estas son algunhas das opcións melloradas ou polo menos diferentes que nos ofrece Telegram fronte ao seu gran competidor, convéncenvos?

María Aller

Asesora TIC 

Fonte:  SmartPeme



 

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento