Eventos

Buscador

    a
Sesión 1. Programación de placas Arduino con bitbloq (I) 
- Introdución.
- Que é o coñecemento libre (Open source) e diferenza con gratis ( Free Software)
- Programando placas controladoras con  bitbloq
- Uso de  actuadores en  bitbloq (I):  LEDs,  zumbador e  servo de rotación continua
- Uso de sensores en  bitbloq (I):  pulsador e sensor de luz
- Uso de variables en  bitbloq
- Programación de sentenzas condicionais e bucles (I): “Se… executar”, etc.

Para confirmar a vosa asistencia, sería necesario tamén inscribirse no seguinte formulario (https://www.depo.gal/coworking-en-pontevedra/obradoiros-fab-lab). 

O taller será impartido por Fernando A. Coladas, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, formador técnico en novas tecnoloxías con máis de 22 anos de experiencia profesional.
Facebook é unha importante ferramenta de comunicación directa cos clientes potenciais e clientes. 

Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia coa túa marca unha vez acabasen a súa viaxe, o que che permitirá acceder a máis segmento de mercado.

Grazas á cantidade de información que ten dos seus usuarios, Facebook permite ás empresas turísticas dispoñer de información valiosa sobre os intereses e preferencias dos viaxeiros e mesmo dos lugares aos que viaxaron.

Índice de contidos:
- Introdución. 
- Guía rápida de creación da túa conta en Facebook para empresas.
- Estratexias de márketing para aumentar a túa visibilidade.
- Publicidade en Facebook: Facebook ads e “Suxestións de Viaxe”. 
 
O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Na era da información a Comunicación Dixital xoga un papel fundamental nas relacións humanas, revolucionando o modo no que nos relacionamos os uns cos outros. Isto non é diferente no que se refire ao ámbito empresas, unha boa percepción por parte dos clientes é un factor crave de éxito na actualidade.

Neste obradoiro aprenderás os conceptos básicos que che axudarán tanto a xerar a túa propia estratexia de Comunicación Dixital como a xestionar as devanditas comunicacións posteriormente, co obxectivo de que sexas capaz de mellorar a percepción que os teus clientes teñen da túa marca.

O obradoiro impartirase na sede de ACUBAM en Tomiño.

Índice de contidos:
- Contextualización da era dixital e como afecta á actividade empresarial 
- Como e con que temos que traballar para reforzar a nosa  marca e afianzar clientes en redes sociais
- Ferramentas que nos ofrece o mundo 2.0 para o noso negocio
- Boas prácticas na comunicación dixital: o que debemos e non debemos facer

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.