Eventos

Buscador

    a
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Poderemos ver aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear a nosa tenda online, además do proceso de instalación da plataforma.

Índice de contidos

• Introdución
• Aspectos a ter en conta nunha tenda online
• Prestashop: concepto e proceso de intalación
• Instalación dunha plantilla
• Personalización dunha plantilla
• Recursos web

O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC 
Obradoiro pensado para aprender a realizar fotografías de mellor calidade visual para potenciar a visibilidade dos produtos nas redes sociais e no comercio en liña en xeral. Deste modo o teu escaparate virtual atraerá máis seguidores e clientes potenciais. 
A fotografía non ten que ser difícil. Tes unha tenda en liña? Un sitio web sobre arte ou artesanía? Tes unha páxina dun restaurante cun blog culinario? Este é un obradoiro básico dirixido a principiantes (non profesionais) que queren facer mellores fotos no seu propio local comercial, estudio, casa, etc.

Índice de contidos

• Coñecer cal é o equipo necesario, tipos de cámaras, entre outras ferramentas e insumos que se poden adquirir para facer mellores fotos
• Fotografía básica
• Facer un estudio fotográfico de baixo custo
• Escoller o mellor fondo
• Cómo se deben preparar os produtos antes, durante e despois da sesión
• Formas de fotografar roupa, calzado, gastronomía, entre outros produtos de interese (previa solicitude dos participantes)
• Resolución de dúbidas ou inquietudes

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Este obradoiro ten como obxectivo dar a coñecer diversas ferramentas de xestión e monitorización para as diferentes redes sociais nas que teña presenza a empresa. Estas ferramentas permiten a optimización de recursos e fan máis sinxela e eficiente a execución do plan de redes sociaisda empresa. 
Analizarase en profundidade a ferramenta Hootsuite, unha das más populares en la gestión unificada de varios perfiles de empresa, ademais de ferramentas específicas con particularidades para cada rede social.

Índice de contidos

• Introdución: Necesidade de ferramentas de xestión e as súas características
• Ferramenta de xestión unificada: Hootsuite
• Funcionalidades
• Comeza a utilizar Hootsuite coas túas redes sociais

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital 
Ensinarémosche as claves para obter unha conversión real nas túas  clicks, chegando a seducir ao usuario da internet que xa está interesado en ti a través da compra programática, a publicidade do futuro en tempo real.

Índice de contidos

• O ecosistema dixital
• Cada estratexia está vinculada a uns obxectivo
• Soportes
       -  RTB (Real Time  Bidding) compra programática de publicidade a tempo real.
       -  Third  Party Data
       -  Retargeting
       -  DMP. A importancia do Big Data. 
       -  Automation márketing
       - Social  Ads.  SMO (Social Media  Optimization). O boom do formato vídeo.  Influencers/ Bloggers

• Exemplos con casos de éxito.

O obradoiro será impartido por Raquel López Castro,  Account  Manager en  AVANTE Medios, profesora no Máster de Márketing Dixital da USC desde hai dous anos.
As redes sociais son unha vía de difusión de contidos cada vez máis necesaria para o noso negocio. Pero para coñecer se estamos a levar a cabo unha estratexia adecuada nelas é necesario analizar os datos que nos proporcionan: Para saber se aumentaron os nosos seguidores, que publicacións teñen un mellor rendemento ou en que momento é mellor publicar, debemos recorrer á analítica cuantitativa e á interpretación cualitativa de cada un dos datos obtidos.

Neste taller aprenderemos a coñecer, localizar e interpretar as estatísticas das redes sociais máis populares para determinar se as estamos utilizando adecuadamente no noso plan de márketing.  

Índice de contidos

1. Introdución á analítica en Redes Sociais 
2. Obxectivos e métricas máis importantes
3. Análise por rede social
3.1. Facebook
3.2.  Instagram
3.3. Twitter
3.4.  Linkedin
4. Ferramentas de analítica

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.