Servizos

ASESORAMENTO TIC

As asesores TIC das oficinas Smartpeme dan resposta a todas as cuestións que lles xorden ás persoas asesoradas sobre novas tecnoloxías, proporcionándolles un servizo de asesoramento individualizado

 

CENTRO PROVINCIAL DE ECONOMÍA DIXITAL

Situado no Viveiro de Empresas de Barro-Meis, atópase ao dispor de todas as persoas usuarias da rede, potenciando os servizos do resto de oficinas cunha oferta de asesoramentos e capacitación en materias tecnoloxías avanzadas

 

TURISTIC    

Trátase dun servizo de información e asesoramento tecnolóxico específico para as empresas, persoas emprendedoras e autónomas do sector turístico, dada a relevancia do mesmo na provincia
 

 

SMARTPEME IMPULSA                         

Smartpeme Impulsa axuda ás pemes a potenciar a súa actividade empresarial, incrementando a súa eficiencia, reducindo custos ou potenciando vendas, mediante o asesoramento personalizado para a mellora da competitividade, a innovación e a internacionalización.Avalía aquí a túa empresa
 

 

ASESORAMENTO TELEMÁTICO

Alá onde esteas, Smartpeme asesórache no uso das novas tecnoloxías. Contamos cun servizo de asesoramento telemático, asociado a cada centro, que posibilita a resolución de calquera cuestión sen necesidade de desprazarse ás oficinas

SMARTPEME CONECTA          

Servizo de acompañamento na procura dun provedor de servizos. A asesora ou asesor Smartpeme axuda á persoa usuaria a definir a necesidade a resolver e traslada a petición aos axentes clave que buscan provedores entre as súas empresas asociadas