Inauguración dos viveiros de empresas de Lalín e Barro-Meis - Actualidad
Actualidade
Inauguración dos viveiros de empresas de Lalín e Barro-Meis
Fecha: Tuesday, 16 de February de 2016
Os viveiros de empresas de Lalín 2000 e de Barro-Meis xa teñen data de inauguración e apertura: serán os días 24 e 25 de febreiro de 2016, respectivamente, coincidindo coa celebración da Semana Europea das PEME-StartUp Europe Week.
Ambas as xornadas comezarán ás 10:00 h coa inauguración e visita dos viveiros, acompañados por Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Javier Collado, director xeral da Fundación INCYDE, David Regades, deputado delegado do Servizo de Cooperación, Eduardo Miguel Barros, presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, e Miguel Falcón, presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa.
Estes actos inaugurais completaranse con diferentes relatorios en torno ao emprendemento; ademais, trataranse os fins e obxectivos da Semana Europea das Pequenas e Medianas Empresas, unha iniciativa da Comisión Europea para fomentar o emprendemento en Europa, promover a competitividade e a innovación e ofrecer a posibilidade de se integrar dentro dunha marca e contorna europea. Tamén se presentarán casos de éxito de empresariado que soubo cómo beneficiarse de programas de emprendemento en Europa para alcanzar un magnífico resultado empresarial.
Se queres obter máis información acerca destas xornadas e ler o programa completo que se seguirá ao longo dos eventos podes dirixirte á páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es) ou acceder a través da ligazón que compartimos ao final do artigo. Ademais, poderás consultar máis información sobre a StartUp Europe Week, o contido detallado das xornadas e completar os formularios de inscrición.
Infórmate aquí:http://www.depo.es/web/edepo/semana-europea-das-peme
Fuente: CPAE
Sign In
« | Octubre 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Mi | Ju | Vi | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Sácale provecho a email marketing con Brevo20 de October de 2025 12:00Más información
- AI Overviews - Nuevas reglas para aparecer en primera posición de Google21 de October de 2025 12:00Más información
- Promociona tu negocio con Perfil de empresa de Google22 de October de 2025 12:00Más información
- Edita vídeos fácilmente desde tu Smartphone: Edits23 de October de 2025 12:00Más información
- Apps de IA para la automatización de procesos en tu empresa II23 de October de 2025 17:00Más información
- OnShape 5 - Montaje o ensamblado de piezas27 de October de 2025 11:30Más información