Almorzo de traballo CPAE 2.0 con Francesc Pumarola - Actualidad
Actualidade
Almorzo de traballo CPAE 2.0 con Francesc Pumarola
Fecha: Tuesday, 12 de January de 2016
Cómo poden axudarme as redes sociais a comunicar mellor e vender máis
Posicionamento SEO, SEM, e-mail marketing, comercio electrónico, redes sociais… Coñeces estas expresións? Estás interesada ou interesado na mercadotecnia dixital? No CPAE 2.0 preparamos todo un acontecemento para o mes de xaneiro, un almorzo de traballo con Francesc Pumarola (manager de mercadotecnia dixital de Hijos de Rivera, S. A. U.), co que aprenderás de primeira man cómo utilizar as redes sociais para a venda; si, esa conta de facebook (por poñer un exemplo) que tes abandonada e á que non lle sacas rendemento.
Francesc é todo un referente da mercadotecnia dixital, actualmente lidera toda a estratexia dixital dunha compañía punteira como Hijos de Rivera (Estrella Galicia, Estrella Galicia 0,0, 1906, Cabreiroá). Ademais dun gran profesional é un excelente comunicador, é director académico e profesor do Máster en Estratexia Dixital, Marketing Online e Comunicación 2.0 de IFFE Business School da Coruña e profesor en diversas escolas de negocios.
E onde terá lugar este almorzo de traballo CPAE 2.0? Programámolo para o mércores 20 de xaneiro, ás 10:15 h, no salón de plenos da Deputación de Pontevedra na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra.
Agora estarás a pensar: que teño que facer para poder asistir? E se aínda non arrinquei co meu negocio e quero informarme para valerme desa ferramenta no futuro? Este é un evento aberto para todo o público, polo que non tes que cumprir uns requisitos concretos, simplemente con inscribirte é suficiente. Ademais, animámoste a que convides a persoas coñecidas para que participen nesta xornada de traballo, que seguro que cumprirá coas vosas expectativas.
Se tes calquera dúbida ou consulta podes poñerte en contacto connosco no 886 20 20 20. Será un pracer atenderte.
Aforo completo
Fuente: CPAE
Sign In
« | Junio 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Mi | Ju | Vi | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
- Bizum: la evolución de los pagos digitales16 de June de 2025 11:00Más información
- Pinterest para e-commerce17 de June de 2025 12:00Más información
- Growth Marketing: estrategias para un crecimiento sostenible de tu negocio17 de June de 2025 17:00Más información
- Creación y análisis de una base de datos para alojamientos18 de June de 2025 16:30Más información
- Diseño 3D online con OnShape 1, gestión documental y primer diseño19 de June de 2025 12:00Más información
- Crea vídeos de alto impacto sólo con tu Smartphone19 de June de 2025 17:00Más información