Eventos
Eventos
Buscador
20/02/2020 17:00
As novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital. Índice de contidos: FreeCad III: Esferas, Conos, Touros Offset Pezas a planos inclinados Pezas sobre pezas Impresión 3D III: Voladizos e soportes Problemas durante a impresión e como solucionalos Materiais O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
20/02/2020 17:00
As actividades no destino xa representan o terceiro compoñente de gasto turístico a nivel global. Este taller está dirixido a empresas turísticas que engloban na súa actividade diversos servizos de lecer e animación, para viaxeiros, turistas e poboación local. Contido: - Introdución - Técnicas de márketing para a súa promoción - Plataformas tecnolóxicas de comercialización - Boas prácticas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
20/02/2020 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Contido: • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
As redes sociais cada día son máis visuais, se queremos triunfar nelas debemos ser máis innovadores que os demais, crear vídeos máis profesionais onde mostremos todo o potencial da nosa empresa ou negocio. Neste taller aprenderás diferentes técnicas para gravar vídeos, planos e movementos de cámara, ademais de edición e publicación dos mesmos. Contido: 1. O vídeo en redes sociais. 2. Tipos de vídeos. 2.1 Presentación de empresas 2.2 Presentación de produtos. 2.3 Fashion Film (catálogo visual). 2.4 Eventos. 3. Planificación: Constrúe unha historia. 4. Ferramentas e material para gravar. 5. Tipos de planos. 6. Movementos da cámara. 7. Formatos e resolución. 8. Apps de edición de vídeo. 9. Publicación de vídeos. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
A día de hoxe todo o mundo oíu falar do SEO e do SEM pero, coñecemos realmente a importancia de traballar correctamente estes dous termos? Unha estratexia efectiva de posicionamento nos motores de procura ten como base a elección dunhas boas palabras crave adaptadas ao público obxectivo ao que nos diriximos, isto é sen dúbida a clave do éxito. Neste taller ensinarémosche a buscar as palabras crave adecuadas coas ferramentas que dispón o mercado actualmente para garantir un oco no mercado online e xerar o maior número de vendas posible. Nivel: Iniciación Contido 1. A importancia do SEO 2. A importancia do SEM 3. Como se buscan as palabra crave? 4. Aplicación das palabras crave 5. Ferramentas Nivel: iniciación O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Rexistro
Calendario eventos
« | Febreiro 2020 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento