Eventos

Buscador

    a
O mercado de aluguer vacacional está en auxe e pode ser unha boa oportunidade de negocio para os propietarios de vivendas e apartamentos. É necesario unha xestión con novas estratexias de comercialización e márketing  online para aumentar as reservas e o beneficio que xeran as mesmas aos empresarios.

Índice de contidos:
• Clasificación e requisitos legais
• Plataformas de comercialización  online
• Reservas e Check-in  online
• Como mellorar a experiencia do usuario

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Que é unha impresora 3D?. para que serve, que podemos facer…
Un pouco de historia, movemento REP RAP, sistemas de impresión 3D
Aspectos técnicos  dunha impresora 3D
Obtención de modelos
Software de  laminación CURA
Impresión practica
Técnicas de  postproducción
Uso real nas pemes
Mantemento básico

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda  online cunha catálogo non moi amplo. É un   plugin de  WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda  online. Neste taller ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos. 

Índice de contidos:
- Elementos a ter en conta.
- Instalación de  Woocommerce e consideracións importantes.
- Configuración de  Woocommerce.
- Produtos Simples.
- Produtos Agrupados.
- Produtos Externos/Afiliados.
- Produtos Variables.
-  Plugins (seguridade, pedidos, campos…).

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Linkedin é a rede social principal para crear contactos profesionais, proporciona unha canle de tráfico á web das empresas e autónomos, axuda a mellorar a visibilidade en Google e permite afianzar marcas e ampliar a carteira de contactos.

Para iso, existen unha serie de accións de márketing que axudarán á empresa para sacarlle maior rendemento a esta rede social de contactos profesionais. Este obradoiro axudará a crear as estratexias de márketing máis oportunas para optimizar as páxinas de empresa nesta rede social de contactos.

Índice de contidos:
• Obxectivos das empresas en  Linkedin
• Exemplos de páxinas de empresa en  Linkedin
• Optimización da páxina empresarial ás 100%
• Estratexias de márketing
- Involucra aos teus empregados
- Utiliza contido de valor:  Slideshare
- Grupos: crea e participa 
-  Linkedin  Ads
- Crea o perfil noutros idiomas

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. 
A identidade dunha empresa represéntase a través dun conxunto de elementos ou símbolos que son capaces de definir o concepto de marca. A través deses elementos ou símbolos, a nosa imaxe convértese en única e reconocible ante o mundo. 

É por iso que temos que destinar esforzos a crear unha identidade visual sólida, reconocible universalmente, que teña sentido e correspóndase coa misión e valores da empresa.

Índice de contidos:
1. Que saber antes de empezar a crear a nosa identidade?
2. Que hai que ter en conta para elixir nome e deseño
3. Que hai que ter en conta para elixir o estilo para a nosa identidade
4. Práctica: Creación do logotipo con  Canva
5. Consellos finais

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. 
Con este taller coñecerás as pautas de como se planifica un evento en redes sociais e cales son os aspectos que debes ter en conta para organizalo, as accións que debes realizar na produción e na post-produción para promocionar o evento e que sexa todo un éxito. 

Os eventos son unha gran ferramenta de comunicación para o teu negocio xa que potencias a túa imaxe, fidelizas e captas novos clientes. Para facer unha promoción perfecta do teu evento -sexa cal for-, existen tres etapas fundamentais, as cales teñen o seu lugar nas redes sociais. 

Índice de contidos:
• Factores a ter en conta antes de organizar un evento (Tipos de evento, público obxectivo, creatividade, programa do evento, etc)
• Fase de  pre-evento en redes sociais: planificación e preparación 
• Acciones durante o evento (creación de  hashtag, como usar Facebook  Live,  Periscope ou  Stories)
•Accións post-evento (Agradecementos, monitoraxe de  hashtag, reporte de actividade  online

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
O numero de consumidores que empregan habitualmente un dispositivo mobil para facer pagos, xa sexa un smartphone, tableta ou portatil, triplicouse no ultimo ano.

Este obradoiro ten como obxetivo dar a coñecer os diversos servizos que nos permiten empregar os nosos dispositivos mobiles como eficaces e seguras ferramentas de pago.

Índice de contidos:
• Introdución: Historia e evolución dos medios de pago
• NFC e Contactless
• Servizos bancarios para pagos móbiles
• Apps móbiles

O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.