Eventos

Buscador

    a
Dar a coñecer a relevancia e o peso que están a tomar a impresión 3D e a Robótica nas PEMES e o que  SmartPeme esta facendo para facilitar o acceso a estas tecnoloxías a Pemes, autónomos ou profesionais.

Índice de contidos:
1. Introdución, industria 4.0
2. Tendencias da Impresión 3D na industria
3. Tendencias da Robótica na industria
4.  SmartPeme Barro-Meis

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
 Linkedin é a rede social principal para crear contactos profesionais,  proporciona unha canle de tráfico á web das empresas e autónomos, axuda a mellorar a visibilidade en Google e permite afianzar marcas e ampliar a carteira de contactos.

Para iso, existen unha serie de accións de márketing que axudarán á empresa para sacarlle maior rendemento a esta rede social de contactos profesionais. Este taller axudará a crear as estratexias de márketing máis oportunas para optimizar as páxinas de empresa nesta rede social de contactos.

Índice de contidos:
• Obxectivos das empresas en  Linkedin
• Exemplos de páxinas de empresa en  Linkedin
• Optimización da páxina empresarial ás 100%
• Estratexias de márketing
- Involucra aos teus empregados
- Utiliza contido de valor:  Slideshare
- Grupos: crea e participa 
-  Linkedin  Ads
- Crea o perfil noutros idiomas

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Hoxe en día triunfa o contido efémero nas redes sociais: contidos numerosos, de consumo rápido e cunha calidade inferior á do contido permanente. Por que se fixo tan popular este formato? Neste taller responderemos a estas preguntas e coñeceremos como crear este tipo de contido a través das Historias ( Stories) de Facebook e  Instagram, sempre integrados na nosa estratexia de márketing. 

Índice de contidos:
• Importancia do contido efémero en  RRSS: As " Stories"
• Facebook  Stories
•  Instagram  Stories
• Estratexia de contidos

O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
Anterior  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10