Eventos
Eventos
Buscador
15/10/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que ten o Inbound Márketing como unha forma de achegarse ao usuario, esta técnica móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra. Índice de contidos: 1. Que é Inbound Márketing 2. Beneficios do Inbound Márketing 3. Como se articula o Inbound Márketing 4. Márketing de atracción 5. Como crear a túa buyer persoa ideal 6. A importancia do funnel ou embudo de conversión 7. Tendencias en Inbound Márketing O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.