Eventos
Buscador
25/04/2019 18:00
Este obradoiro céntrase no posicionamento SEO, a tipoloxía interna e externa e as técnicas que existen actualmente para poder impulsalo e mellorar o tráfico da nosa páxina web. Ademais explícase con detalle as accións que non debemos levar a cabo xa que Google penaliza e pode chegar a eliminar a páxina web dos resultados de procura. Índice de contidos: - Introducción . Conceptos básicos. - ¿Qué es SEO? Técnicas SEO. - Posicionamiento interno - Posicionamiento externo - Penalización en los motores de búsqueda - Herramientas SEO - Taller SEO O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
25/04/2019 19:00
Neste obradoiro aproximarémonos ao mundo do IoT. Describiremos que é, cales son as súas características e os elementos que interveñen. Co fin de aproximar esta tecnoloxía aos usuarios, farase unha pequena demostración. Índice de contidos: Que é IoT? Manifesto IoT de Arduino. Elementos que interveñen en IoT. As tres preguntas para calquera proxecto IoT. Pequena demostración práctica. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
25/04/2019 19:00
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible. Índice de contidos: • Introdución a LinkedIn • Como funciona LinkedIn • Optimización de perfil • Xeración de rede de contactos • Creación de páxina de empresas • Recomendacións finais O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Neste obradoiro penetrarémonos en Instagram desde o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia para seguir nela en función dos nosos obxectivos. Explicaranse as novas funcionalidades desta rede social para tendas online, facilitando o proceso de compra e a promoción dos produtos. Índice de contidos: 1- Introdución 2- Por que a miña empresa debería estar en Instagram? 3- O perfil de empresa 4- Estratexia de contidos 5- Publicidade 6- Instagram shopping 7- Consellos O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital
Con este obradoiro axudámosche á hora de elixir e contratar un dominio e aloxamento para a túa web. É importante saber que nome ten que darlle á súa páxina para sacarlle o máximo partido. Saber elixir un aloxamento que se axuste ás súas necesidades, capacidade de espazo, velocidade, seguridade, servizo técnico, prezos e outros, son importantes detalles que hai que ter moi en conta á hora de elixir entre as distintas empresas provedoras destes servizos. Índice de contidos: - Que é un dominio e tipos de dominio - Consellos para elixir un nome de dominio, recomendacións - Como varían os prezos á hora de ter un tipo de dominio ou outros? - Pasos a realizar para a contratación dun dominio - Que é un aloxamento e tipos de aloxamentos - Características que pode ofrecernos un aloxamento - Exemplos de empresas provedoras de aloxamento
25/04/2019 19:00
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste obradoiro daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio. Índice de contidos Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais? Uso persoal vs. uso profesional Aspectos a ter en conta Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2019 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Cambados- Fotografía de produto: todo o que debes saber10 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Lalín- Vende os teus produtos en Facebook e Instragram10 de decembro de 2019 19:00Máis información
- O Porriño- Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing10 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Ponteareas- Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade10 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Pontevedra- Crea a túa presentación comercial en menos de 90 minutos10 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Vigo- Facebook Ads10 de decembro de 2019 19:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento