Eventos
Eventos
Buscador
02/04/2025 09:30
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas). Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Rexistro
Calendario eventos
| « | Abril 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
| 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
| 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
| 28 | 29 | 30 | ||||
- Como empregar a IA para facer SEO17 de setembro de 2026 12:00Máis información
- Non deixes en «Visto» as túas vendas24 de setembro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento