Eventos
Eventos
Buscador
Obradoiro telemático a través de Zoom. Seguindo o itinerario "Impulsa a cultura sostible e a responsabilidade social no teu negocio", a súa segunda parte terá como obxectivo coñecer os 17 ODS que son unha chamada clara á acción de persoas, institucións e PEMES coa súa responsabilidade cara un desenvolvemento a favor para a sociedade, o planeta e a prosperidade. Veremos exemplos prácticos que cada pequeno negocio pode accionar para afrontar estos obxectivos de desenvolvemento sostible. A segunda parte deste obradoiro abordará ferramentas que os negocios poden poñer en marcha para auditar, entender prioridades e facer un xiro máis sostible dos seus procesos. Remataremos esta xornada con exemplos de casos de éxito. Índice de contidos: 1. Os ODS 2. Ferramentas 3. Casos de éxito O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empleabilidade, emprego e emprendemento.