Eventos
Eventos
Buscador
19/03/2025 11:00
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Obradoiro telemático a través de Zoom. Daremos a coñecer a ferramenta WhatsApp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería WhatsApp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes. Índice de contidos: 1. Introdución a WhatsApp 2. Whatsapp vs. WhatsApp Business 3. Crear unha conta en WhatsApp Business 4. Novas funcionalidades O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.