Eventos
Eventos
Buscador
13/03/2025 12:00
Obradoioro telemático a través de Zoom. Se es novo en Instagram ou non entendes moi ben esta rede social, este é o teu obradoiro. Comezaremos en Instagram dende o principio, vendo cada unha das opcións que nos ofrece a nivel visual, contidos, tendencias... Índice de contidos: 1. Que é Instagram? 2. Tipos de contas. 3. Explora a túa conta. 4. Optimice o seu perfil. 5. Contidos básicos para o noso IG. 6. Especificacións de cada contido. 7. Interacción. Se aínda non sabes por onde comezar con Instagram para a túa empresa, comeza con esta primeira parte de Instagram para principiantes. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Licenciada Superior en Educación Artística en Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Obradoiro telemático a través de Zoom. Aínda que a RSC (Responsabilidade Social Corporativa) pode parecer máis ligada a grandes empresas, a súa aplicación nas PEMES é máis natural, dada a súa maior relación coa contorna e a súa proximidade aos clientes. Cada vez máis empresas españolas apostan por políticas ambientais, sociais e económicas independentemente do seu tamaño, co fin de mellorar a súa contorna e a percepción que teñen os seus clientes sobre elas. Índice de contenidos: 1. Que é a RSC? 2. Beneficios 3. Actualidade en Pemes españolas 4. Exemplos de casos reais 5. Conclusións O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empleabilidade, emprego e emprendemento.