Eventos
Eventos
Buscador
03/12/2025 12:00
Seguimos avanzando na protección da infraestrutura dixital da túa empresa. Neste taller centrarémonos nos dispositivos móbiles, unha das principais portas de entrada para ataques e fugas de información. Aprenderás como configurar os teus móbiles de forma segura, xestionar permisos, protexer datos sensibles e aplicar boas prácticas no seu uso diario. Porque os móbiles son ferramentas imprescindibles no traballo, pero tamén poden ser un risco se non se xestionan correctamente. Índice de contidos: 1. Dispositivos móbiles como porta de entrada para fugas de datos e ataques. 2. Como configurar Android e iOS de forma segura para uso profesional. 3. Xestión de permisos (esa aplicación de lanterna realmente precisa acceder aos teus contactos?). 4. Protexer a información crítica e separar a vida persoal e laboral no mesmo dispositivo. 5. Hábitos seguros para o uso diario do teléfono intelixente no traballo. O obradoiro estará dirixido por Manuel Tornos, asesor do CPED de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. É administrador de redes e sistemas.
Neste obradoiro descubrirás a clave para o éxito a longo prazo: como converter a túa idea inicial nun activo legalmente protexido. Esta fase é, sen dúbida, unha das máis cruciais do emprendemento, xa que senta as bases para preservar os teus dereitos sobre a túa creación. Aprenderás as estratexias para blindar o teu negocio mediante o rexistro de marcas, patentes ou deseños, evitando copias e asegurando que só ti poidas explotar o valor único que desenvolveches. O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.