Eventos

Buscador

    a
Moitas dúbidas en PEMEs, autónomos e novos emprendedores xiran arredor da seguridade ao facilitar datos en páxinas web para crear ou usar contas e servizos. 

Neste obradoiro resolveremos estas cuestións e revisaremos algunhas das aplicacións máis empregadas con conta, para aprender que boas prácticas debemos seguir e así manter a nosa información segura na rede. Porque protexer as contas online é fundamental para evitar riscos e garantir a confianza dos teus clientes.

Índice de contidos:
1. Abordando a incerteza sobre o fornecemento de datos en sitios web para crear contas e servizos.
2. Revisión da seguridade das aplicacións web máis populares empregadas por autónomos e pemes.
3. Máis alá dos contrasinais (implementación da autenticación en dous factores - 2FA).
4. Como manter a túa información segura ao usar servizos en liña.
5. Por que protexer as túas contas é vital para manter a reputación da túa empresa.

O obradoiro estará dirixido por Manuel Tornos, consultor do Centro de Desenvolvemento Empresarial Barro-Meis (CPED) con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é administrador de redes e sistemas.
Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade online na nosa páxina web fará que o noso negocio turístico aumente a súa visibilidade e éxito na internet. Así atraerermos máis turistas, que poderán reservar antes o noso aloxamento, actividades ou servizos turísticos, coa fiabilidade de unha reserva e dispoñibilidade asegurada.
Deste xeito a nosa páxina web será unha plataforma interactiva de vendas para aforrar tempo e incrementar os beneficios.

Índice de contidos:
1. Que é un motor de reservas?
2. Que é un channel manager?
3. Vantaxes de dispor de un sistema de reservas e dispoñibilidade online.
4. Exemplos de sistemas de reservas para negocios turísticos e as súas funcionalidades.

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, asesora turística. Postgraduada en Turismo pola Universidad de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Pode axudarte na xestión de aloxamentos, creación de paquetes e productos turísticos; así como na túa presencia nas redes sociais, ferramentas de hotelería e solucións tecnolóxicas aplicadas ao turismo como PMS...