Eventos
Eventos
Buscador
Neste segundo obradoiro comezamos a aplicar medidas concretas para reforzar a seguridade da túa infraestrutura tecnolóxica. Os ordenadores son a porta de entrada a moitos riscos, polo que aprenderás boas prácticas para garantir a protección dos teus equipos e sistemas. Falaremos de configuracións básicas, actualizacións, xestión de contrasinais, antivirus e outras ferramentas que che axudarán a manter os teus datos a salvo. Porque a seguridade da túa empresa comeza polos dispositivos que usas cada día: se eles non están protexidos, todo o demais está en perigo. Índice de contidos: 1. Por que os ordenadores son o obxectivo número un dos ciberataques. 2. Configuracións esenciais que todo ordenador debería ter antes de conectarse a internet. 3. A importancia crítica das actualizacións e parches de seguridade. 4. Políticas de contrasinais fortes e xestores de credenciais. 5. Antivirus modernos e outras ferramentas de defensa para manter os teus datos seguros. O obradoiro estará dirixido por Manuel Tornos, asesor do CPED de Barro-Meis, con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. É administrador de redes e sistemas.
Rexistro
Calendario eventos
| « | Decembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
- Affinity by Canva II - marca e coherencia09 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Planificación financieira para emprendedores10 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Crea campañas de nadal para aumentar as reservas do teu aloxamento11 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Affinity by Canva III - Affinity Photo: edición profesional12 de decembro de 2025 12:00Máis información
- A evolución dos pagos dixitais: Bizum, presente e futuro no eCommerce15 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade IV - redes: protexe os datos da túa empresa16 de decembro de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento