Eventos
Eventos
Buscador
18/12/2025 12:00
Nós, como usuarios, xunto cos nosos empregados e outros actores que acceden aos sistemas (provedores, servizos de mantemento, xestores...), somos unha peza clave na seguridade da empresa. Neste obradoiro aprenderás como actuar no acceso aos sistemas e datos, e como compatibilizar o uso persoal e profesional da infraestrutura sen comprometer a protección. Darémosche respostas prácticas e unha guía de boas prácticas para reducir riscos humanos, porque a seguridade non depende só da tecnoloxía, senón tamén das persoas. Índice de contidos: 1. Empregados, provedores, xerentes e servizos de mantemento como factores de risco. 2. Como xestionar quen accede a que sistemas e datos (principio de mínimos privilexios). 3. Como conciliar o uso persoal e profesional dos equipos sen comprometer a seguridade corporativa. 4. Protocolos de actuación para reducir o "risco humano". 5. Que facer (e que non facer) se sospeitamos que un usuario foi comprometido. O obradoiro estará dirixido por Manuel Tornos, asesor do CPED Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é administrador de redes e sistemas.