Eventos

Buscador

    a
A infraestrutura da túa rede é a columna vertebral do teu negocio e, se non está protexida, os teus datos e os dos teus clientes corren risco.

Neste obradoiro, aprenderás medidas básicas para garantir a integridade, a confidencialidade e a dispoñibilidade dos teus sistemas e información. Falaremos de configuracións seguras, segmentación de redes, protección contra o acceso non autorizado e as mellores prácticas para minimizar os riscos. Porque unha rede segura é esencial para manter a confianza e a continuidade do negocio.

Índice de contidos:
1. Comprender a rede como o sistema nervioso do teu negocio, conectando os teus datos cos teus clientes.
2. Como garantir a integridade, a confidencialidade e a dispoñibilidade da información que viaxa pola túa rede.
3. Configuración básica en enrutadores e puntos de acceso para evitar intrusos.
4. Introdución á segmentación de redes (separar a rede de invitados da rede corporativa).
5. Protección contra o acceso non autorizado e minimizar os riscos de conexión.

O obradoiro estará dirixido por Manuel Tornos, asesor do CPED de Barro-Meis, con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é administrador de redes e sistemas.