Eventos

Buscador

    a
Os dispositivos  móbiles veñen de substituír ao ordenador nas nosas preferencias de navegación e interacción na internet e o seu uso segue avanzando. O márketing móbil ou mobile marketing debe por tanto estar presente na estratexia de comercialización das empresas turísticas. Esta tecnoloxía brinda moitas oportunidades aos pequenos negocios turísticos facéndoos máis competitivos a través dunha conexión directa, actualizada y xeolocalizada co turista.

Índice de contidos:
- Introducción.
- Qué é o Mobile Marketing?
- Ferramentas do marketing móvil.
- Consellos e trucos prácticos para o marketing móvil.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Para o desenvolvemento deste taller, baseámonos na posta disposición das pequenas empresas dos mesmos conceptos e estratexias tecnolóxicas aplicadas en grandes corporacións. Desexamos concienciar que todas estas estratexias non son tan afastadas como poden parecer e están totalmente ao alcance de calquera micropeme.

Resaltaremos a importancia estratéxica dos datos nas organizacións e ofreceremos algúns exemplos e estratexias de captación e utilización a través de ferramentas tecnolóxicas accesibles.

Índice de contidos:
- A importancia da estratexia de datos.
-  Big data e non tan  Big data.
- O  datamining na internet.
- O  Business  Intelligence.
- O  lead  Nurturing.
-  Microaplicaciones para desenvolvemento e aplicación destas estratexias.
- Casos de estudo. Casos de estudo e exemplos personalizados (Parte práctica)

Modesto  Perez García, consultor de innovación e transformación dixital en  Aaccentia. Con máis de 35 anos de experiencia internacional, dirixiu diversas multinacionais en España, Holanda e Bélxica. Na actualidade é socio fundador de  Aaccentia Multimedia empresa con 20 anos de traxectoria ao redor da innovación e a transformación dixital.
Obradoiro formativo en  ciberseguridade co obxectivo de concienciarnos na necesidade de protexer o noso negocio contra posibles ataques, saber se estamos suficientemente protexidos e en caso negativo, unha pequena guía en 11 pasos co que recomendamos adoptar para estar protexidos.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade  Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media.

Índice de contidos:
• Introdución
• Como crear unha conta en Pinterest
• Primeiros pasos
• Taboleiros
• Que é e como se engade un pin?
•  Pinterest para negocios
• Recomendacións

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Prezi é un programa de presentacións para explorar e compartir ideas sobre un documento virtual baseado na informática en nube (software como servizo). A aplicación distínguese pola súa interface gráfica con  zoom, que permite aos usuarios dispoñer dunha visión máis achegada ou afastada da zona de presentación, nun espazo 

Índice de contidos:
- Primeiros pasos en  Prezi: Crear Conta e Escoller Persoal.
- A Interface de  Prezi: O lenzo, menú, barras, a contorna.
- Cambiar o Fondo.
- Inserir e Editar Textos.
- Inserir unha Imaxe
- Engadir, Modificar e Eliminar Marcos.
- Creando e Ordenando as Rutas.
- Inserir un  Link, Ligazón ou  Hipervínculo.
- Inserir un Vídeo.
- Como Engadir Efectos ás Imaxes.
- Como facer animacións en  Prezi
- Inserir un Documentos  Word, Excel ou PDF.
- Agregar Música de Fondo, Sons ou Voz.
- Compartir un  Prezi cos teus Amigos.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. 
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio.

Índice de contidos:
• Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces
• Termos máis usados no deseño gráfico
• Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe.
• Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes.
• Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual.
• Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños.
• Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños.
• Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa)
• Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com)

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.