Eventos

Buscador

    a
Obradoiro en liña a través de Zoom.

Aprende a identificar os aspectos clave para protexer a túa información persoal e profesional. Este obradoiro práctico servirá como unha breve guía para axudarche a saber onde centrar os teus esforzos e sentirte protexido no día a día. Tamén é accesible para aqueles que queiran mellorar a súa seguridade dixital sen ser expertos.

Índice de contidos:
1. Que é a ciberseguridade e por que é importante?
2. Principais ameazas dixitais na vida cotiá
3. Boas prácticas básicas para protexer os teus dispositivos
4. Xestión de contrasinais
5. Como identificar correos electrónicos e ligazóns sospeitosos
6. Ferramentas gratuítas para mellorar a túa seguridade
7. Consellos para protexer a túa actividade empresarial ou profesional.

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é administrador de redes e sistemas.