Eventos
Eventos
Buscador
08/01/2026 12:00
Neste obradoiro aprenderás os fundamentos legais que toda pequena empresa ou autónomo debe coñecer para cumprir coa normativa de protección de datos e evitar sancións. Explicaremos de forma sinxela o marco legal vixente (do RGPD á LOPDGDD), quen é o responsable do tratamento e cal é a súa función, e que documentación é imprescindible ter: rexistro de actividades, cláusulas de privacidade e consentimento. Tamén veremos as obrigas básicas que debes cumprir no día a día para garantir a seguridade e a legalidade no manexo da información. Índice de contidos: 1. Marco legal simplificado 2. Figuras clave 3. Documentación imprescindible 4. Obrigas básicas para autónomos e pemes O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Desenvolvemento Industrial Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.
Rexistro
Calendario eventos
| « | Xaneiro 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
- Ficha de Google ao Máximo10 de setembro de 2026 12:00Máis información
- Como empregar a IA para facer SEO17 de setembro de 2026 12:00Máis información
- Non deixes en «Visto» as túas vendas24 de setembro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento