Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Aprende a utilizar a intelixencia artificial para comprender mellor as vendas, analizar a competencia e tomar decisións baseadas en datos de forma sinxela, sen necesidade de ser experto en matemáticas. Un taller práctico para transformar información en estratexia e facer que os teus números traballen para ti.

Índice de contidos: 
1. Introdución á análise de datos con IA
2. Ferramentas para interpretar vendas e tendencias
3. Análise da competencia con IA
4. Decisións baseadas en datos sen complicacións
5. Casos reais e exemplos prácticos

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Desenvolvemento Industrial Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.	
Obradoiro telemático vía Zoom.

Se es novo en Instagram ou non entendes moi ben esta rede social, este é o teu obradoiro. Despois da primeira parte do taller imos centrarnos en conceptos máis complicados de Instagram que van da man da xeración de contido visual.

Índice de contidos:
1. Repaso pblicaciones para IG.
2. Como realizar unha publicación (+)
3. Contido de valor
4. Alcance e interacción
5. Obxectivos das publicacións
6. Reels, tendencias e ganchos
7. Ideas de contido a crear
8. Ferramentas para crear contido
9. Medición da interacción.

Se non sabes por onde empezar con IG para o teu negocio, seguimos vendo conceptos como o alcance, a interacción, ou ferramentas para xerar contido nesta segunda parte de Instagram para principiante.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.