Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Aprende a deseñar carteis e anuncios impactantes para o teu escaparate. Veremos como combinar fotos e textos para que as túas ofertas se lean a 2 metros de distancia e atraian clientes de inmediato. Un taller práctico para dar visibilidade ás túas promocións e aumentar as vendas.
Índice de contidos: 
1. Principios básicos do deseño visual.
2. Combinación de imaxe e texto
3. Tipografía e tamaño
4. Optimización para escaparates e redes
5. Práctica guiada

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Desenvolvemento Industrial Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.	

Calendario eventos