Eventos
Eventos
Buscador
Obradoiro telemático a través de Zoom. Neste obradoiro aprenderás como xestionar unha crise cando se produce unha brecha de seguridade na túa empresa. Veremos o protocolo de actuación paso a paso, como e cando contactar coas Forzas e Corpos de Seguridade, ademais de como comunicar externamente para protexer a reputación do teu negocio. Tamén analizaremos as consecuencias reais dunha violación de datos, incluíndo responsabilidades civís e penais, multas e danos á marca. Índice de contidos: 1. Protocolo de actuación 2. Intercambio de información 3. Comunicación externa 4. Consecuencias reais O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Desenvolvemento Industrial Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.
22/01/2026 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Este curso intensivo céntrase en transformar a túa forma de comunicar para influír e motivar á túa audiencia a través de mensaxes claros, emocionais e cribles. Aprenderás a ir máis alá da simple transmisión de información, establecendo unha conexión xenuína que impulse a acción. Un obradoiro práctico para emprendedores que queren comunicar con impacto e xerar confianza. Índice de contidos: 1. Introdución 2. Dirección 3. Estrutura 4. Simplicidade 5. Actitude e linguaxe non verbal 6. Conclusión O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.
Rexistro
Calendario eventos
| « | Xaneiro 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
- Ficha de Google ao Máximo10 de setembro de 2026 12:00Máis información
- Como empregar a IA para facer SEO17 de setembro de 2026 12:00Máis información
- Non deixes en «Visto» as túas vendas24 de setembro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento